En cumprimento da normativa vixente na Universidade de Vigo, as Teses de Doutoramento deberán obter a autorización da Comisión Académica corresponde ao programa de doutoramento no que esté matriculado o alumno. En consecuencia, como norma xeral, admitiranse a trámite pola Comisión Académica, aquelas Teses de Doutoramento que cumpran os seguintes criterios: O alumno autor da Tese de Doutoramento debe xustificar ter realizado un mínimo de dous anos en periodo de investigación O alumno debe ter superado 9 ECTS de cursos de formación básica. De ser o caso, deberá ter superados tódolos complementos de formación establecidos pola Comisión Académica. Na valoración …
Categoría: DITPA
Competencias Transversais
Desenvolvemento da capacidade de traballo en equipos pluridisciplinares. Desenvolvemento de habilidades de transferencia de coñecemento usando diferentes ferramentas ou soportes de presentación e difusión.
Mencións especiais
MENCIÓN DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL O título de doutor poderá incluír a mención dun doutoramento internacional no anverso, sempre que concorran as seguintes circunstancias: Que durante a etapa de realización da tese o/a doutorando/a tivese unha estancia mínima de tres meses fóra de España nunha institución de ensino superior ou centro de investigación de prestixio, cursando estudos ou realizando traballos de investigación. A estancia e as actividades han de ser avaliadas polo director/a e autorizadas pola CAPD, e incorporaranse ao documento de actividades do doutorando/a. A duración mínima dos períodos computables para a estancia serán catro semanas cando a matrícula neste …
Mobilidade
A CAPD preocúpase pola mobilidade dos estudantes de doutoramento. As súas actividades, relacionadas coa mobilidade, xestiónanse en colaboración cos órganos da Universidade de Vigo que coordinan, de forma centralizada, os programas de mobilidade. Neste sentido, existen mecanismos de xestión da mobilidade, tanto a nivel nacional como internacional, que se desenvolven segundo programas cuxas características e requisitos son públicos e están dispoñibles de forma centralizada, xestionados no marco do Vicerreitorado con competencias en mobilidade. Máis información Bolsas de mobilidade para asistencia a congresos e estadías Consulta a convocatoria Programas de mobilidade internacional Consulta os programas Axudas de mobilidade do Plan de …
Saídas profesionais
Unha vez acadado o título de doutor/a pola Universidade de Vigo tes ao teu alcance oportunidades laborais acordes a este nivel de formación: Traballar nunha empresa privada ou centro tecnolóxico, dirixindo un grupo ou departamento de I+D+i. Acceder a un contrato postdoutoral, é dicir, traballar nun centro de investigación para ampliar a formación e especializarse nun tema concreto de investigación. Seguir unha carreira académica: Investigar e dar clases na universidade tanto pública como privada. Crear unha empresa a partir dos resultados da investigación realizada: spin off, empresa de base tecnolóxica, ou participar en proxectos de autoemprego. Programas postdoutorais Programa Juan …
Bolsas
O noso obxectivo é que ninguén quede excluído/a do ensino superior por razóns económicas. Atopa toda a información sobre as bolsas que poden axudarche a financiar os teus estudos de doutoramento e os trámites asociados na seguinte ligazón: https://novo.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas
Duración dos estudos e permanencia
O cómputo do tempo de permanencia nos estudos de doutoramento contarase desde a primeira matrícula no doutoramento ata a presentación da solicitude de depósito da tese. Permanencia máxima nos estudos de doutoramento No caso de matrícula a tempo completo, a duración máxima dos estudos será de 3 anos. No caso de matrícula a tempo parcial será de 5 anos. Cando o/a doutorando/a utilice ambas as dúas modalidades de matrícula, computarase para todos os efectos a duración dos estudos de doutoramento en termos de estudos a tempo completo, e considerarase que un ano de matrícula a tempo parcial equivale a 0,6 …
Recursos humanos
Área de Ciencia dos Materiais e Enxeñería Metalúrxica Abreu Fernández, Carmen María Cabeza Simó, Marta María Cristóbal Ortega, María Julia Pena Urís, Gloria María Pérez Pérez, María del Carmen Pérez Vázquez, María Consuelo Área de Enxeñería de Sistemas e Automática Armesto Quiroga, José Ignacio Barreiro Blas, Antonio Delgado Romero, Emma Garrido Campos, Julio López Fernández, Joaquín Paz Domonte, Enrique Rodríguez Diéguez, Amador Área de Enxeñería de Procesos de Fabricación Pereira Domínguez, Alejandro Área de Enxeñería Eléctrica Carrillo González, Camilo José Cidrás Pidre, José Díaz Dorado, Eloy Fernández Otero, Antonio López Fernández, Xosé Manuel Área de Enxeñería Mecánica Casarejos Ruiz, Enrique …
Teses lidas
Título: “A review of the hybrid paradigm in Artificial Intelligence based on conceptualization, design and development of a new intelligent system with several inference algorithms: applications and usefulness for decision support in the Engineering field” Autor: Manuel Casal Guisande Data de lectura: 19/09/2023 Título: “Planificación de trayectorias para robots no holonómicos en entornos con fuertes restricciones dimensionales” Autor: Ricardo Samaniego López Data de lectura: 24/03/2023 Título: “Modelo de información digital y gráfico del comportamiento de maquinaria industrial servoaccionada” Autor: David Santos Esterán Data de lectura: 26/01/2023 Título: “Tailoring surface properties of metals by laser texturing: wettability control and guided degradation …
Preinscrición e Matrícula
O proceso de preinscripción e matrícula de todos os estudos pertencentes á Universidade de Vigo realízanse vía telemática na aplicación xeral da Universidade. Para máis información sobre o procedemento de matrícula, prazos, prezos,… consulta a convocatoria de matrícula da Universidade de Vigo. Máis información Se tes algunha dúbida sobre o procedemento de preinscripción e matrícula contacta coa Área de Posgrao da EEI. Se necesitas máis información sobre os contidos, requisitos de admisión, horarios, profesorado, etc, contacta coa Unidade de Posgrao da EEI. Documentos e enlaces Matrícula