Prácticas académicas externas
2020/21
Prácticas académicas externas
2020/21
NOTICIAS
AXENDA
Dende o 12 ata o 18 de marzo vanse desenvolver diferentes actividades, organizadas pola Delegación de Alumnado de Industriais, con motivo da celebración do patrón da EEI.
A programación das xornadas podes atopala na seguinte ligazón: Programa actos patrón EEI.
3, 4 e 5 de marzo de xeito virtual.
Trátase dun evento xa consolidado no calendario académico que foi creado no ano 2001 polas Delegacións de estudantes das tres Escolas do campus de Vigo para achegar o mundo laboral aos alumnos das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade.
Durante o evento celebraranse conferencias de carácter técnico con temáticas escollidas polo alumnado e workshops que permiten unha maior interacción coas empresas, que levarán a cabo procesos de selección ou dinámicas de grupo entre outras actividades.
Un dos maiores atractivos será o pavillón virtual onde as empresas participantes, con diferentes perfís, ubicarán os seus stands durante os tres días que dura o Foro para aconsellar aos que se acheguen a eles, informarlles sobre as actividades da súa empresa e o que buscan no estudantado recén graduado de cara a unha futura incorporación, así como para recoller currículos.
Non perdas a oportunidade de achegarte ao XXI Foro Tecnolóxico de Emprego para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o teu talento.
Máis información en https://www.forotecnoloxico.net/ e nas súas redes sociais.
11 de febreiro de forma virtual
Esta edición, por motivo da pandemia, celebrarse de xeito virtual a través do campus remoto.
O programa desenvolverase de 10:30 a 12:30 horas seguindo o seguinte esquema:
10:30 Inauguración e benvida aos alumnos de 1º de bachalerato do Instituto de Ensinanza Secundaria A Cañiza.
10:45 Mesa redonda de alumnas da escola que compartirán as súas experiencias e as súas motivacións para o futuro.
11:00 Proxección de vídeos de laboratorios da escola.
11.45 Conexión coa empresa BetaImplants para mostrar “in situ” o traballo de enxeñería dunha empresa punteira resultado da motivación emprendedora dunha enxeñeira industrial.
12:30 Despedida.
8 de febreiro de forma virtual
De acordo á "RESOLUCIÓN REITORAL DO 27 DE XANEIRO DE 2021 PARA A ADECUACIÓN DA ACTIVIDADE DOCENTE ÁS NOVAS RESTRICIÓNS ADOPTADAS POLA XUNTA DE GALICIA” o inicio do 2º cuadrimestre atrásase ata o día 8 de febreiro , semana na que só se desenvolven clases teóricas que deberán ser na modalidade en liña (virtuais), inicialmente ata o 17 de febreiro.
Lembrámosvos tamén que os horarios para levar a cabo a docencia virtual serán os mesmos e nas mesmas salas xemelgas dos horarios actualizados.