O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO) vén de facer pública a resolución do Premio ao mellor Traballo Fin de Grao (TFG) presentado na Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) durante o ano 2025, premio convocado en colaboración coa Escola.
Esta convocatoria ten como obxectivo recoñecer a excelencia académica, técnica e profesional do alumnado egresado da EEI, así como reforzar os vínculos entre a Universidade, a profesión colexiada e o sector industrial.
Tras examinar os resultados da avaliación e deliberar sobre os méritos dos traballos presentados, o tribunal acordou a concesión dos premios que podes consultar na seguinte ligazón: resolución premios TFG.
Desde a Escola de Enxeñaría Industrial queremos felicitar ao alumnado premiado e trasladar tamén o noso recoñecemento a todas as persoas que presentaron e defenderon os seus Traballos Fin de Grao na nosa Escola ao longo do ano 2025, destacando o esforzo, a dedicación e o compromiso académico e técnico que implica a realización destes traballos.
O acto de entrega dos premios terá lugar o mércores 28 de outubro, ás 18:30 horas, no Paraninfo da Sede Cidade da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo.




