Préstamo computadores

A Escola de Enxeñería Industrial pon ao dispor do seu alumnado un servizo de préstamo de portátiles co obxecto de que poidan desenvolver aquelas actividades académicas que sexan susceptibles do uso dun equipo informático e non se dispoña do mesmo. Dado que o número de unidades é limitado, as solicitudes deste servizo atenderanse de acordo cos medios dispoñibles. Por iso, é moi importante que se faga un uso responsable do mesmo para que se poidan beneficiar todas aquelas persoas que teñen realmente unha necesidade e que lles resulta imprescindible dispoñer dun equipo para o desenvolvemento das actividades ou tarefas que ten que realizar no curso da súa titulación.

O servizo de préstamos está sometido ao cumprimento dunhas normas básicas que se recollen no seguinte documento: Normativa préstamo EEI.

Para facer a solicitude dun préstamo de equipo é necesario acreditar que se é estudante da EEI (folla de matrícula ou similar) e realizar a solicitude a través do seguinte formulario: Formulario préstamo EEI.

As solicitudes serán analizadas a través da subdirección de infraestruturas e notificarase a concesión a través do correo electrónico.