Seremos unha comunidade universitaria integrada por estudantes, persoal de administración e servizos e profesorado claramente implicados na calidade do servizo da Escola de Enxeñería Industrial (EEI).
A EEI será un centro, que estará aberto ao mundo, será referente nacional e gozará de prestixio internacional, pola súa oferta académica consolidada e adaptada ás necesidades do ámbito empresarial e pola investigación tecnolóxica que será o motor de innovación achegando solucións prácticas de grande impacto no desenvolvemento do país.
O centro mellorará notablemente os seus procesos, aumentando a capacidade de autofinanciamento e optimizando o uso dos seus recursos.