Normativa de Composición da Comisión de Garantía da Calidade

1. Obxecto

O punto 2 do Regulamento de Réxime Interno da Escola de Enxeñería Industrial (aprobado pola Xunta de Escola do Centro o 20 de decembro de 2011), establece que a composición da Comisión de Garantía de Calidade será regulada mediante una normativa específica elaborada pola Comisión Permanente para a súa remisión e aprobación, á Xunta de Centro.

O obxecto deste documento é establecer dita normativa sobre a composición da Comisión de Garantía de Calidade da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo, procurando que na súa composición estean representados todos os grupos de interese.

2. Composición da Comisión de Garantía de Calidade da EEI

A Comisión de Garantía de Calidade da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo estará composta por:

  • Director, que a presidirá.
  • Secretario da Escola, que o será tamén da propia Comisión de Garantía de Calidade.
  • Coordinador de Calidade da Escola.
  • Coordinador de cada un dos títulos de Grao da Escola.
  • Coordinador de cada un dos títulos de Mestrado da Escola que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Industrial.
  • Un representante do persoal docente e investigador (PDI) por cada tres títulos de Mestrado da Escola que non habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Industrial.
  • Enlace de igualdade do centro
  • Un representante do persoal docente e investigador (PDI)
  • Dous representantes do alumnado.
  • Un representante dos egresados de algunha das titulacións da Escola.
  • O Administrador do centro ou persoa en quen delegue.
  • Un representante da Sociedade.

Os membros da Comisión de Garantía de Calidade poderán ser substituídos en cada caso dentro do seu sector. Tanto os membros titulares como os suplentes correspondentes os sectores de PDI, alumnos e PAS deberán ser membros da Xunta de Escola.

3. Nomeamento dos membros da Comisión de Garantía de Calidade da EEI

Para os títulos de Grao da Escola e para os títulos de Mestrado da Escola que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Industrial, os membros da Comisión de Garantía de Calidade serán os representantes do PDI que, previamente, foran nomeados como coordinadores de ditos títulos pola Comisión Permanente da Escola. O membro da Área de Calidade, será designado pola dirección da mesma. Os restantes membros da Comisión de Garantía de Calidade serán nomeados pola Comisión Permanente da Escola.

Aprobado pola Xunta de Escola da EEI na reunión celebrada o 15 de decembro de 2016.