Graduación EEI

Xa están en marcha os preparativos para o acto de graduación do curso 2025/26.

A data prevista para a celebración deste acto é o luns 8 de xuño de 2026.

Para que poidades asistir ao acto de graduación, debedes facer o rexistro no seguinte formulario do 6 de abril ao 4 de maio e cumprir os requisitos que se detallan a continuación.

Requisitos para graduarse:

  • Estar matriculado nunha titulación da EEI.
  • Estar matriculado de todas as materias do último curso salvo do TFG e das Prácticas en empresa.
  • O alumnado de Grao deberá ter superados, como mínimo, 180 dos créditos totais no momento de cursar a solicitude.

Importante! A distribución das localidades no auditorio destinadas aos familiares realizarase segundo a orde de inscrición do alumnado. Ademais, establecerase un número máximo de invitacións por estudante, determinado en función do número de inscricións e a capacidade do auditorio.

O Acto de graduación é un dos momentos máis importantes da vida universitaria, un día inesquecible tanto para o alumnado como para os seus familiares.

Todos estes anos, na Escola de Enxeñería Industrial conseguimos un grande éxito de organización grazas á colaboración de todos/as, especialmente do estudantado e tamén do profesorado.

Para que todo vaia ben, a EEI considera fundamental:

  • É necesario que nos axustemos ás indicacións que se establezan desde a organización. 
  • É preciso a colaboración de todas as persoas para que sexa posible gozar dun momento tan especial nas nosas vidas.

Estade atentos ás novas e non vos esquezades de facer o rexistro a partir do 6 de abril!

Documentos e enlaces

Formulario inscrición  (pechado tanto para alumnado como PTXAS e PDI)