
Xa estan en marcha os preparativos para o acto de graduación do curso 2025/26.
A data prevista para a celebración deste acto é o luns 08 de xuño de 2026.
Para que poidades asistir ao acto de graduación, deberedes facer o rexistro no seguinte formulario do 6 de abril ao 4 de maio e cumprir os requisitos que se detallan a continuación.
Requisitos para graduarse:
- Estar matriculado nunha titulación da EEI.
- Estar matriculado de todas as materias do último curso salvo do TFG e das Prácticas en empresa.
- O alumnado de Grao deberá ter superados, como mínimo, 180 dos créditos no momento de cursar a solicitude.
Importante! A distribución das localidades no auditorio destinadas aos familiares realizarase segundo a orde de inscrición do alumnado. Ademais, establecerase un número máximo de invitacións por estudante, determinado en función do número de inscricións e a capacidade do auditorio .
O acto de graduación é un dos momentos máis importantes da vida universitaria, un día inolvidable tanto para os alumnos como para os seus familiares.
Todos estes anos, na Escola de Enxeñería Industrial conseguimos un grande éxito de organización grazas á colaboración de todos/as, especialmente do alumnado e tamén do profesorado.
Para que todo vaia ben, a EEI considera fundamental:
- É necesario que nos axustemos ás indicacións que se establezan desde a organización.
- É preciso a colaboración de todas as persoas para que sexa posible gozar dun momento tan especial nas nosas vidas.
Estade atentos ás novas e non vos esquezades de facer o rexistro a partir do 6 de abril!!




