Student Associations

Na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo están presentes varias asociacións de estudantes con diferentes temáticas e intereses. Todas elas constitúen un piar fundamental para ofrecer respostas ás inquietudes, demandas e intereses que os propios estudantes teñen na súa etapa universitaria, constituíndo un importante elemento dinamizador da vida universitaria dentro das nosas sedes.

É reconfortante ver o labor que os nosos estudantes realizan día a día dende as asociacións, utilizando o seu talento, ilusión e experiencia ao servizo da Comunidade Universitaria. Todas estas experiencias contribúen de xeito importante á súa formación integral, e permítelles adquirir habilidades fundamentais para o seu futuro, dende unha perspectiva activa e participativa na vida universitaria.

Por iso, animámosvos a que os coñezades e participedes ben nas actividades que organicen ou ben formando parte dalgunha delas, se é do voso interese.

Nesta páxina podedes atopar unha descrición das nosas asociacións e do traballo que realizan.