Degree Adaptation Course

Se xa tes o título de Enxeñeiro Técnico Industrial, podes realizar o curso ponte para obter o título de Graduado.

Para o curso 2026/2027 impartirase na modalidade semipresencial. Soamente haberá clases de prácticas con horarios compatibles coa actividade profesional.

Admisión e Matrícula para o curso 2026/2027

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 de xuño ao 15 de xullo de 2026. As solicitudes presentaranse vía electrónica  a través da Sede Electrónica.

Publicación de listaxes provisorias de solicitudes admitidas, excluídas e de agarda: Como máximo o 22 de xullo de 2026 no taboleiro electrónico da sede electrónica.

Prazo de presentación de reclamacións: tres días naturais computados dende o seguinte á publicación das listaxes provisorias. Realizarase a través da Sede electrónica.

Publicación de listaxes definitivas de admitidos, excluídos e de agarda: publicaranse coma prazo máximo o día anterior ao comenzo do prazo ordinario de matrícula.

Matrícula: 20 de agosto ao 11 de setembro de 2026.

Listaxes admitidos e excluídos

Dibujito rojoResolución listaxe provisoria persoas admitidas a matricularse.

Dibujito rojoListaxe provisoria de personas admitidas a matricularse.

Dibujito rojoResolución definitiva de admitidos para matricularse.

Dibujito rojoListaxe definitiva de persoas admitidas para matricularse.