Master’s Degree in Autonomous Vehicles – Learning Outcomes
Coñecementos
Identificar as tecnoloxías clave asociadas ao vehículo autónomo, incluíndo a análise das tecnoloxías principais de detección e percepción, de posicionamento e das funcións de condución autónoma asociadas..
Interpretar a lexislación e normativa relativa a vehículos autónomos. Propiedade intelectual, privacidade e intimidade.
Recoñecer as necesidades asociadas á iniciativa emprendedora, analizando os requirimentos técnicos.
Coñecer as tecnoloxías principais asociadas aos sistemas de comunicación V2X, así como o proceso de desenvolvemento e validación deste tipo de sistemas e das ferramentas principais utilizadas.
Coñecer os principais sistemas/compoñentes necesarios para o desenvolvemento de vehículos autónomos e conectados.
Coñecer os fundamentos, principios e aplicacións dos vehículos autónomos.
Seleccionar o tipo de arquitectura de software máis adecuado e desenvolver aplicacións que se poidan utilizar en vehículos autónomos.
Coñecer materias básicas e tecnolóxicas que lles permitan aprender novos métodos e teorías, e lles outorgue versatilidade para adaptarse a novas situacións.
Coñecer os diferentes tipos de sensores utilizados en vehículos autónomos, así como deseñar ou adaptar sensores que incorporen novas ou distintas capacidades.
Coñecer o marco regulatorio internacional e estatal que afecta aos distintos tipos de vehículos autónomos (terrestres, mariños e aéreos) e o ciclo de desenvolvemento, proba e entrega de licenzas aplicable en cada caso..
Realizar simulacións en contornos virtuais para comprobar e validar previamente distintos aspectos antes da experimentación no contexto real.
Habilidades
Aplicar técnicas de planificación de traxectorias e navegación en contornas de diversa natureza.
Desenvolver funcións de construción de mapas e de axuda á localización.
Incorporar ao vehículo autónomo as tecnoloxías ou sistemas de comunicación necesarios para optimizar a súa interacción co usuario, a rede de telecomunicacións e a infraestrutura de transporte.
Utilizar técnicas de aprendizaxe automática e aprendizaxe profunda para planificar a ruta do vehículo autónomo e responder a situacións de emerxencia.
Desenvolver sistemas de control que aseguren a robustez e tolerancia a fallos e reduzan os riscos de rendemento e/ou seguridade dos vehículos autónomos.
Empregar técnicas de aprendizaxe automática e aprendizaxe profunda para que o sistema mellore as súas prestacións e poida responder a eventos que non fosen específicamente programados.
Aplicar e usar os sistemas de información xeográfica e espacial para a recollida, almacenamento, análise e difusión de información da contorna e abordar a localización, o mapeo e a planificación de rutas dos vehículos autónomos por medio dos sistemas de percepción máis adecuados en cada caso.
Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.
Coñecer as tecnoloxías principais asociadas aos sistemas de comunicación V2X, así como o proceso de desenvolvemento e validación deste tipo de sistemas e das principais ferramentas utilizadas.
Organizar e coordinar equipos de traballo con responsabilidade, supervisando o seu desenvolvemento, mantendo relacións fluídas e asumindo a lideranza, así como achegando solucións aos conflitos grupais que se presenten.
Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presentan nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.
Desenvolver técnicas de lideranza, motivación, supervisión e comunicación en contextos de traballo en grupo, para facilitar a organización e coordinación de equipos de traballo.
Competencias
Avaliar diferentes sistemas perceptivos, as súas vantaxes e desvantaxes, así como as posibles estratexias para a fusión de datos.
Deseñar e simular un sistema integrado de asistencia á condución autónoma total ou parcial, avaliando a súa robustez. Desenvolver e avaliar, desde o punto de vista do hardware e do software, sistemas embebidos e en tempo real no contexto de vehículos autónomos e conectados..
Avaliar e incorporar ao vehículo autónomo as tecnoloxías ou sistemas de comunicación necesarios para optimizar a súa interacción co usuario, a rede de telecomunicacións e a infraestrutura de transporte.
Integrar os compoñentes dos sistemas autónomos atendendo ás condicións dos contornos nos que se desenvolven e aos contextos para o seu uso.
Identificar, avaliar e mitigar os riscos asociados á seguridade e integridade do propio sistema, do seu contorno e das persoas.
Elaborar documentación técnica e administrativa de acordo coa lexislación vixente e cos requisitos do cliente. Cumprir coa lexislación vixente que regula a normativa dos vehículos autónomos.
Xerar contornas seguros no desenvolvemento do seu traballo e do do seu equipo, supervisando e aplicando os procedementos de prevención de riscos laborais e ambientais, de acordo co establecido pola normativa e cos obxectivos da empresa.
Xestionar o coñecemento en deseño aplicado ao modelo empresarial e ao deseño de tecnoloxías dos sistemas autónomos, aplicando técnicas de análise de novas demandas e de preferencias de usuario.
Avaliar os custes económicos e as oportunidades de negocio derivadas da aplicación dos sistemas autónomos tanto en aplicacións industriais como en I+D+i.