Master’s Degree in Autonomous Vehicles

90 Créditos
3 cuadrimestres
24 Prazas
Interuniversitario

Contacto

Área académica

Marina Blanco Carpinteiro
e-mail: eei.master@uvigo.gal
Tel: (+34) 986 818 627

Coordinadores

Universidade de Vigo
José Fariña Rodríguez
e-mail: muva@uvigo.gal

Universidade da Coruña
Félix Orjales Saavedra
e-mail: felix.orjales@udc.es
Universidade de Santiago de Compostela
Francisco Javier García Polo
e-mail: franciscojavier.garcia.polo@usc.es

Página web

https://mastervehiculosautonomos.com/

Descrición do título

O Mestrado Universitario en Vehículos Autónomos é un título conxunto de modalidade híbrida desenvolvido pola Universidade da Coruña, pola Universidade de Santiago de Compostela e pola Universidade de Vigo, como coordinadora. Inclúese na Guía G2030 “Perfís Profesionais de Futuro e Novas Titulacións e Especialidades” formando parte do catálogo de perfís consensuado co tecido socioeconómico do territorio e avaliado por un intenso proceso participativo e de análise benchmark. Esta análise desenvolvida no proxecto G2030 orientouse a identificar as titulacións que permiten cubrir de forma exitosa as competencias clave dos roles do Catálogo de Perfís Profesionais de Futuro non cubertos polo Sistema Universitario Galego (SUG).

Obxectivos
  • Proporcionar unha formación avanzada en temas de mobilidade a todos os entornos (terrestre, aéreo e mariño), cunha clara orientación cara a unha especialización profesional de alto nivel, que axude a coñecer os aspectos e os retos tecnolóxicos da mobilidade e, á vez, sexa un instrumento que permita mellorar a empregabilidade dos egresados e que favoreza a promoción de
    iniciativas para o desenvolvemento da nosa Comunidade Autónoma en sectores estratéxicos.
  • Formarase ao alumnado nos ámbitos de coñecemento que subxacen na mobilidade autónoma, entre os que se inclúen as telecomunicacións, a electrónica, o deseño industrial, a robótica e a intelixencia artificial, entre outros.
  • Preténdese ofrecer unha formación superior a nivel MECES 3 (EQF 7) que complemente e reforce a formación dos graduados, fundamentalmente das enxeñarías, constituíndo unha vía para a especialización dos estudantes nun ámbito moi demandado polas sociedades desenvolvidas, os vehículos autónomos, e cun enorme potencial de cara ao futuro.
Resultados de aprendizaxe

Os resultados de aprendizaxe que se alcanzarán coa realización deste mestrado, de acordo ao recollido no punto 2 do Anexo II do Real Decreto 822/2021, están estruturados en tres categorías:

  • Coñecementos
  • Habilidades
  • Competencias

Pódense consultar neste apartado: resultados aprendizaxe MVA.

Perfil de acceso

Criterios de acceso

Os requisitos de acceso ao Mestrado Universitario en Vehículos Autónomos son, con carácter xeral, os que se recollen no artigo 18 do RD 822/2021, do 28 de setembro.

O acceso ao título axustarase ás disposicións do Ministerio, da Comunidade Autónoma de Galicia, e ao que se dispoña no desenvolvemento normativo da Universidade de Vigo, a Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela. 

Nas páxinas das tres universidades recóllense de forma detallada os aspectos relevantes de admisión e matrícula:

Universidade de Vigo:

Universidade da Coruña:

Universidade de Santiago de Compostela

As persoas que queiran ser admitidas no título deberán estar preferentemente en posesión dun Grao nalgunha das seguintes enxeñerías:

  • Mecánica, Electrónica Industrial e Automática, Tecnoloxías Industriais, Eléctrica, da Enerxía, de Tecnoloxías de Telecomunicación, Aeroespacial, Intelixencia Artificial, Informática, Robótica, Naval e Oceánica e Tecnoloxías Mariñas.

Para outras titulacións do ámbito científico e tecnolóxico, a Comisión Académica poderá valorar a experiencia laboral.

O RD 822/2021 do 28 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, no seu artigo 18 indica que os estudantes poderán ser admitidos a un mestrado conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que, no seu caso, sexan propios do título de Mestrado Universitario ou establezan as Universidades que o impartan.

Perfil de egreso

O perfil de egreso do Mestrado Universitario en Vehículos Autónomos define a un profesional de alta cualificación técnica e especialista na enxeñaría de sistemas autónomos e vehículos non tripulados. O alumnado que completa este título adquire capacidades avanzadas para deseñar, desenvolver e operar sistemas intelixentes aplicados aos sectores de automoción, naval e aeronáutico.

Grazas á súa formación integral, os egresados poden desenvolver a súa carreira tanto no ámbito público como no privado, integrándose en:

  • Fabricantes e provedores: Empresas do sector da automoción (como Stellantis ou o CTAG), estaleiros navais ou industria aeroespacial.
  • Tecnolóxicas e software: Compañías especializadas no desenvolvemento de software avanzado e intelixencia artificial.
  • Seguridade e defensa: Organizacións orientadas ao desenvolvemento e control de vehículos non tripulados e tecnoloxías vinculadas.
  • Medio ambiente e consultoría: Empresas que requiren automatización para a monitorización ambiental ou loxística intelixente.
Planificación académica

Podes consultar a planificación na seguinte ligazón: planificación académica.