School of Industrial Engineering

Slide
Slide

NEWS

10 Sep 2026
Solicitude de modalidade de avaliación global 2026/27 Posted in: Studies101 -
Solicitude materias +
10 Sep 2026
Prácticas de Campo e Saídas de Estudo 2026/27 Posted in: Studies101 -
Prazo de solicitude ata o 9 de outubro +
10 Sep 2026
Eleccións a delegado/a de clase – curso 2026/27 Posted in: Students99 -
Participa! - Setembro 2026 +
09 Sep 2026
Publicadas as listaxes definitivas de admisión aos mestrados académicos e Galicia 2030 Posted in: Studies101 -
Matrícula do 10 ao 14 de setembro de 2026. +
09 Sep 2026
Publicadas as listaxes definitivas de admisión aos mestrados especialistas Posted in: Studies101 -
Matrícula do 10 ao 14 de setembro de 2026. +
08 Sep 2026
Xornadas de acollida – continuación estudos 2026/2027 Posted in: The school98 -
Datas, sedes e programas das xornadas de setembro +
03 Sep 2026
II Xornadas de Enxeñería Biomédica Posted in: The school98 -
Construíndo o futuro da saúde desde a enxeñería e a medicina +
03 Sep 2026
Publicadas as listaxes provisorias de admisión aos mestrados académicos e Galicia 2030 Posted in: Studies101 -
Reclamacións do 04 ao 06 de setembo de 2026. +
03 Sep 2026
Publicadas as listaxes provisorias de admisión aos mestrados especialistas Posted in: Studies101 -
Reclamacións do 04 ao 06 de setembro de 2026. +
30 Jul 2026
Xornada Conmemorativa polo 50º aniversario dos Estudos de Enxeñería Industrial Posted in: The school98 -
Cincuenta anos formando profesionais da enxeñería e impulsando a innovación. +

DIARY

Mon
21
Sep
2026

21 e 23 de setembro

  

Es estudante de 4º? Sabes responder ás seguintes preguntas?
 
— Que diferenza hai entre prácticas curriculares e extracurriculares?
 
— Podo facer prácticas no verán?
 
— Podo facer prácticas no estranxeiro despois de titularme?
 
— Canto poden durar as prácticas?
 
— As prácticas son remuneradas?
 
— Podo presentar o TFG se me queda algunha materia pendente?
 
— Se presento o TFG en setembro, teño que volver pagar a matrícula?
 
— Que opcións teño para continuar os meus estudos?
 
— Podo optar a algún programa de mobilidade sendo alumno/a de 4º?
 
Se tes dúbidas sobre estas ou outras cuestións, podes asistir a unha das seguintes reunións:
 

Sede Cidade
📅 Luns 21 de setembro
🕐 16:00 h
📍 Paraninfo + Campus Remoto
Contrasinal de alumno/a: cYW2XD5F
Duración estimada: 1 hora

Sede Campus
📅 Mércores 23 de setembro
🕐 13:30 h
📍 Aula pendente de confirmar + Campus Remoto
Contrasinal de alumno/a: cYW2XD5F
Duración estimada: 1 hora
 

Wed
02
Sep
2026

10:00 horas - Sede campus. 16:00 horas - Sede cidade

 

 

A Escola de Enxeñaría Industrial dará a benvida ao alumnado de novo ingreso o 2 de setembro cunha xornada de acollida que se desenvolverá en horario de mañá na Sede Campus e en horario de tarde na Sede Cidade, co obxectivo de facilitar a incorporación á vida universitaria e dar a coñecer a Escola, os seus servizos e recursos.

 

🟦 Sede Campus
 

📅 2 de setembro · 🕙 10:00 h · 📍 Salón de Actos

 

Programa
 

  • 10:00 – 10:10 h: Benvida.
  • 10:10 – 11:45 h: Actividades de acollida.
  • 11:45 – 11:55 h: Información sobre prevención de riscos.
  • 11:55 – 12:00 h: Peche.

 

🟩 Sede Cidade

 

📅 2 de setembro · 🕓 16:00 h · 📍 Paraninfo

 

Programa
 

  • 16:00 – 16:10 h: Benvida.
  • 16:10 – 17:45 h: Actividades de acollida.
  • 17:45 – 17:55 h: Información sobre prevención de riscos.
  • 17:55 – 18:00 h: Peche.

 

Importante: para participar nestas xornadas é imprescindible realizar o rexistro previo a través do formulario de inscrición.

 

Podes consultar toda a información na nova publicada na web da EEI.

 

Documentos e enlaces

Tue
21
Jul
2026

Organizado por CINTECX, converterá a EEI nun espazo de referencia para o intercambio de coñecemento, a innovación e a colaboración científica.
  

  

As instalacións da Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) acollerán os próximos 21 e 22 de xullo o congreso internacional DCETIP 2026, organizado por CINTECX. Este encontro doutoral reunirá persoal investigador especializado en enerxía, tecnoloxías avanzadas e procesos industriais para compartir coñecemento, presentar os resultados das súas investigacións e fomentar novas colaboracións.

 

O congreso está dirixido a persoal investigador en etapas iniciais, doutorandas e doutorandos, persoas recentemente doutoradas e profesionais do ámbito industrial interesados en presentar os seus traballos ou debater novas liñas de investigación nun contorno de carácter internacional.

 

Concibido como un espazo para o intercambio de ideas e a creación de sinerxías, DCETIP 2026 ofrecerá un programa científico que abordará algúns dos principais retos e avances da investigación industrial. O encontro favorecerá o diálogo entre o mundo académico e o sector empresarial, impulsando a colaboración, a transferencia de coñecemento e o desenvolvemento de novas liñas de investigación.

 

Ademais, contará coa participación de destacadas figuras de referencia internacional, cuxas relatorios achegarán unha visión actualizada dos avances máis relevantes nestes ámbitos. A súa presenza reforza a dimensión internacional do congreso e o compromiso de CINTECX coa excelencia científica e a atracción de talento investigador.

 

O programa completo do congreso pode consultarse no sitio web oficial de DCETIP 2026.