Está publicada a convocatoria de mobilidade Erasmus+ Estudos KA131 para o curso 2027/2028
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1958.
O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 10 de decembro de 2026.
O formulario deberá cumprimentarse a través da plataforma MoveON.
A Oficina de Relacións Internacionais, con motivo da publicación desta convocatoria, convoca aos estudantes interesados ás seguintes sesións informativas:
- 23/11/2026. 14:00 h – 15:00 h. Campus Ourense. Salón Marie Curie. Edificio politécnico.
- 24/11/2026. 14:00 h – 15:00 h. Campus Pontevedra. Salón de Actos. Facultade de Comunicación.
- 25/11/2026. 14:00 h – 15:00 h. Campus Vigo. Salón de Actos. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Tamén haberá un horario de atención presencial que se pode consultar aquí.




