Obxecto:
O obxecto deste documento é establecer un conxunto de criterios comúns de aplicación ó sistema de avaliación que figure nas guías docentes de todas as masterias dos graos que se impartan na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.
Criterios para o sistema de avaliación:
- En todas as materias figurará a modalidade de avaliación continua (e.c.), indicando os procedementos en que se basa e o % de valoración que ten cada elemento (p.e. prácticas, traballo, probas parciais,…) na cualificación total da materia.
- En todos os casos débese contemplar a posibilidade de superar unha materia no exame e nas datas que establece oficialmente o Centro. Por ese motivo, ainda que a e.c. poda chegar a supoñer ata un 100% da cualificación total, o peso do exame non debe ser nunca inferior ó 60% da calificación da materia.
- Para aqueles casos en que o alumno non superer o non siga a e.c., o sistema de avaliación dunha materia poderá contemplar os seguintes supostos:
- A superación da materia mediante exame final (que garanta o mínimo do 60% da cualificación total) e que teña en conta adicionalmente, si procede, a cualificación lograda no periodo de e.c.
- A superación da materia mediante exame final (que garanta o mínimo do 60% da cualificación total) e, ademáis, inclúa preguntas ou probas adicionais que permitan valorar a parte non superada/desenvolvida durante o periodo de e.c.
- Poderase establecer un prazo ó comezo da impartición de cada materia no cal un alumno poda xustificar documentalmente a súa non dispoñibilidade para seguir o proceso de e.c.
- A e.c. poderá ser acumulativa (p.e., para un 2º test pode ser necesario repasar os conceptos do 1º test)
- A e.c. poderá ser liberatoria, é dicir, que o alumno que supere a e.c. pode quedar eximido de exame oficial:
- Poderase establecer un criterio mínimo polo cal se considera que dita e.c. está superada so parcialmente e que a superación da materia dependa dun ou varios condicionantes seguintes:
- Presentarse a exame oficial e superar a/as parte/s pendentes
- Entregar unha memoria final de prácticas pendentes
- Entregar un traballo adicional ou mellorar un anterior
- …
- Aínda que a e.c. sea liberatoria, o alumno tenderá dereito a presentarse ó exame oficial se desexa modificar a súa cualificaicón
- Poderase establecer un criterio mínimo polo cal se considera que dita e.c. está superada so parcialmente e que a superación da materia dependa dun ou varios condicionantes seguintes:
- En relación á convocatoria de xullo (equivalente ó antigo setembro), deberase especificar si se manteñen superadas ou non as partes da materia que foran liberadas (p.e. prácticas, traballo,…)
- Aquelas situacións excepcionais non contempladas nos anteriores puntos serán valroados polo órgano competente da EEI.
Aprobado na sesión conxunta da Comisión Permanente da Antiga Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial e da Comisión Docente da Antiga Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais do 19 de xullo de 2011.