EEI Strategic Plan

Co obxecto de dar cumprimento aos requisitos establecidos nos Sistemas de Garantía de Calidade e, ao mismo tempo e máis primordial, dar resposta aos importantes retos do momento e dos próximos anos, a Escola de Enxeñería Industrial iniciou un proceso de reflexión e análise co obxectivo de identificar os principais retos e desafíos que deberá afrontar de cara ao futuro e así poder establecer as liñas maestras para determinar o mellor posicionamento estratéxico que nos permita ser unha Escola de referencia e prestixio a nivel nacional e internacional.

Grupo de traballo

Para levar a cabo este proceso, constituíuse un grupo de traballo conformado por 22 membros, 18 pertencentes á EEI e 4 externos, para dar cabida a todos os sectores e áreas da Escola, así coma aos diferentes grupos de interese. Este grupo de traballo foi aprobado na Comisión permanente da Escola na súa sesión celebrada o 21 de novembro de 2022.

Por parte da EEI os membros que o compoñen son:

Dirección

  • Juan E. Pardo Froján
  • Pablo Izquierdo Belmonte
  • Celso Fernández Silva

Persoal de Administración e Servizos

  • Ana Mª Cacheiro Seguín

Estudantes

  • Alfonso Castro Rodríguez
  • Marcos Pardeiro Álvarez

Representantes das áreas

  • María Inmaculada Fenollera Bolívar
  • Bernardino Novo Ramos
  • Pablo Eguía Oller
  • Marcos Conde Fontenla
  • Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez
  • Mª Consuelo Pérez Vázquez/
  • José Carlos Caamaño Martínez
  • Julio Garrido Campos
  • Alejandro Gómez Yepes
  • José Ramón Fernández Bernárdez
  • Fernando Lusquiños Rodríguez
  • José A. Comesaña Benavides

No que se refire ao persoal externo contarase coa participación de:

  • Un egresado
  • Un representante do sector empresarial
  • Dous representantes dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros

Aínda que, dentro da participación externa, está previsto que durante o proceso tamén se poida contar coas opinións de representantes de agrupacións industriais, centros de investigación e outras asociacións de interese.

Desenvolvemento do plan estratéxico

1ª fase: Recopilación da información

Para poder desenvolver este proceso de forma satisfactoria requírese escoitar activa e atentamente aos axentes principais relacionados coa Escola para poder recoller toda a información relevante que nos permita mellorar e fortalecer á EEI, sempre co obxectivo de acadar o mellor posicionamento estratéxico.

Por este motivo, dentro da primeira fase do proxecto, deseñouse un cuestionario, que estará aberto ata o 28 de febreiro, e  que che animamos a cubrir. Estamos seguros de que nos axudará a coñecer que esperan os diferentes axentes da Escola, en que debemos enfocarnos para definir os eixos estratéxicos… En definitiva, información de alto valor para o éxito deste proceso de formulación estratéxica.

Pola importancia deste proceso, sendo a EEI unha institución pública de educación superior, é importante contar coa colaboración do maior número de persoas e así ter unha visión ampla que trate de integrar a todas as persoas e facer da EEI un espazo que sexa un piar que actúe de panca na construción dunha sociedade máis desenvolvida e sostible.

2ª fase: Análise da información recollida e elaboración dunha proposta

Tras a primeira fase de recollida de información, continuarase co proceso de escoita activa aos distintos colectivos de interese a través de diferentes entrevistas e reunións.

Asimesmo, levarase a cabo un proceso de benchmarking con outras escolas de referencia para identificar oportunidades de mellora.

Unha vez finalizado este amplo proceso de recollida de información, procederase por parte do equipo do traballo á análise e síntese da mesma para a elaboración dunha proposta en común.

3ª fase: Aprobación polos órganos da Escola

Os resultados e as conclusións do grupo de traballo serán presentados nos órganos da Escola (Comisión de Garantía de Calidade/Comisión permanente e Xunta de Escola) para sometelos á súa aprobación, á espera que estes permitan definir un posicionamento estratéxico que fortaleza á EEI.

A aprobación desta proposta debería producirse antes da finalización do curso 2022/2023.