1. Obxecto
Esta normativa define os criterios específicos de centro que debe cumprir o alumnado da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) para participar no programa de mobilidade Erasmus-estudos -tal e como se contempla nas bases da convocatoria de dito programa- e particularmente o procedemento de selección, resolución e notificación dos estudantes de mobilidade.
Esta normativa complementa o Regulamento da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo para programas de mobilidade de estudos.
2. Criterios de selección de estudantes
A selección dos estudantes da EEI para o programa de mobilidade ERASMUS será realizada atendendo aos seguintes criterios:
-
-
- Seleccionaranse unicamente estudantes de Grao que teñan superados alomenos 48 ECTS do primeiro curso da titulación.
- Seleccionaranse preferentemente estudantes de Mestrado da EEI que teñan superados polo menos 18 ECTS do primeiro cuadrimestre do primeiro curso de mestrado.
- Terán prioridade na selección aqueles estudantes de Grao e Mestrado que non teñan realizado unha estadía de mobilidade académica durante os seus estudos de Grao. Baixo este suposto, no caso de que un estudante de grao e un de mestrado opten a unha praza ofertada para grao e mestrado, terá prioridade o estudante de mestrado.
- Terán prioridade na selección os estudantes que teñan maior puntuación (P) de acordo co seguinte baremo:
P=S1/Sm1(7,5*Me/Mt+I)
Onde S1 é o número de créditos ECTS do primeiro curso da titulación superados polo estudante. Sm1 son os créditos totais do primeiro curso da titulación (60 ECTS), Me é a nota media do expediente do estudante, Mt é nota media da titulación e I valora o coñecemento do idioma do país de destino en función do nivel acreditado polo estudante dentro do marco común europeo de referencia para as linguas:
Nivel I A1 0,25 A2 0,50 B1 1,00 B2 1,50 C1 2,00 C2 2,50 A igualdade de puntuación, terán preferencia os estudantes que teñan cursado materias implantadas en inglés.
No momento de iniciar o intercambio na universidade de destino, o estudante deberá cumprir tamén os criterios adicionais de créditos indicados no apartado 3 (Selección de estudantes e adxudicación das prazas).
- No caso de que non se poidan empregar as notas do 1º cuadrimestre para realizar a selección, aos estudantes de Mestrado da EEI:
- Non se lles aplicará a condición do punto 2 no momento da selección
- Aplicaráselles o baremo do punto 4 coas variables Mt e Me referidas á súa titulación de Grao que deu acceso ao mestrado. Asemade, en S1 computaranse todos os créditos superados polo estudante nesa titulación de grao e en Sm1 incluiranse os créditos totais desa titulación de grao.
3. Selección de estudantes e adxudicación das prazas
A selección dos estudantes da EEI e adxudicación das prazas do programa ERASMUS será realizada pola subdirección de relacións internacionais.
Seleccionaranse os estudantes da EEI segundo os criterios detallados no punto anterior. Cada praza do programa ERASMUS estudos adxudicaráselle ó estudante que teña maior puntuación no proceso de selección e que cumpra cos requerimentos da praza indicados na listaxe de prazas do programa ERASMUS estudos anexo á convocatoria.
No caso de que a praza teña asignado como titor un profesor da EEI, o estudante debe contar coa aceptación deste titor.
Para facer a estadía esixirase que, no momento de iniciar o intercambio, o estudante teña superados, alomenos, o número de créditos ECTS indicado na táboa seguinte, sen prexuízo de que o titor esixa un número de créditos superados maior:
Titulación Créditos ECTS superados Titulacións de Grao 105 ECTS dos dous primeiros cursos da titulación. Mestrados da EEI 18 de 1º curso de mestrado. O estudante debe comprobar cal é o nivel de idioma esixido nas universidades incluídas na súa solicitude.
- Universidades de destino con niveis recomendados, pero sen requisitos de nivel acreditado: un estudante pode ser seleccionado sen necesidade de aportar unha acreditación de nivel xunto ca solicitude presentada na UVigo.
- Universidades de destino con requisitos de idioma que deben ser acreditados, ben mediante un certificado oficial, ben mediante unha declaración da universidade de orixe do estudante (UVigo): un estudante pode ser seleccionado sen ter aínda acreditado o nivel de idioma no momento de presentar a solicitude na UVigo, pero deberá ter obtido o certificado de nivel a tempo para o proceso de admisión na universidade de destino. Nese momento, o estudante deberá remitir á sudbdirección de RR.II. o certificado oficial. Este documento será condición imprescindible para que o centro poida validar o acordo académico do estudante (contrato de estudos, learning agreement).
4. Publicación da relación provisional de bolseiros e alegacións
A relación provisional de bolseiros seleccionados publicarase na web da EEI e a través da lista de distribución de correo electrónico eei.alumnos@listas.uvigo.es.
O estudante dispoñerá de cinco días hábiles, contados a partir da data de publicación da lista provisional, para presentar alegacións.
Xunto coa resolución publicarase un listado de prazas libres non cubertas. Os estudantes en lista de espera ou excluídos poderán optar a algunha destas prazas dirixindo unha instancia á atención do Director da EEI acompañada da carta de aceptación do titor do destino, no caso de ser necesaria.
5. Resolución de incidencias
Delégase na dirección da EEI a resolución de todas as incidencias que xurdan no procedemento de selección de estudantes para o programa ERASMUS estudos.
Aprobado pola Comisión Permanente da EEI na reunión celebrada o 17 de outubro de 2025.
-




