Plan estratéxico da EEI

Plan Director 24-30: Eixos Estratéxicos e Plans propostos

A principios de 2020, coas novas esixencias marcadas polos cambios producidos no Sistema de Garantía de Calidade da Universidade, establécese a necesidade de despregar un procedemento (DE-01) para o “Desenvolvemento estratéxico”. Ante esta situación, a EEI prioriza a necesidade de poñer en marcha un proceso que vaia máis aló do cumprimento deste requirimento. O resultado é o desenvolvemento dun programa estratéxico materializado nun Plan Director que abarca o horizonte 2024-30 coa Visión de que a EEI sexa o centro de referencia en Galicia e o noroeste peninsular en Enxeñería Industrial.

Na figura móstranse os 3 eixos estratéxicos sobre os que se focaliza devandito plan director, así como os plans de acción que permitirán acadar os obxectivos. Para ver as iniciativas deseñadas para cada un dos plans, consultar na seguinte ligazón: Plan director EEI 24-30.

Actualmente o desenvolvemento do plan director está nunha fase intermedia, coa posta en marcha de iniciativas propostas a través dos Plans de iniciativas para o 23-24, 24-25 e 25-26. As iniciativas marcadas en verde correspóndense coas que están a lograr fitos concretos pero que teñen continuidade no tempo. En amarelo están marcadas as que están en proceso de consecución ou en proceso de modificación de logros.