Sistema de Garantía Interna da Calidade (SGIC)

O Sistema de Garantía Interna da Calidade (SGIC) da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) deseñouse coa colaboración da Área de Calidade, que elabora unha documentación marco, que foi personalizada pola Comisión de Garantía da Calidade da Escola de Enxeñería Industrial, atendendo ás súas diferentes particularidades, garantindo o cumprimento dos requisitos contidos na proposta de acreditación elaborada pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

O deseño do SGIC foi certificado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) o 27 de xullo de 2009.

Tras o proceso de fusión, que deu paso á creación da Escola de Enxeñería Industrial, arranca unha nova etapa coa implantación das titulacións de grao no marco do Plan de Bolonia no curso 2010-2011. Esta nova etapa está marcada pola elaboración do Plan Estratéxico da EEI para o horizonte 2012-2020. Na definición do Plan Estratéxico xoga un papel importante a aposta da Escola pola Calidade, e porque esta sexa sometida aos procesos de acreditación que garantan a calidade das súas ensinanzas. Tamén son esenciais para establecer aquelas accións de mellora que permitan seguir avanzando á Escola na procura da excelencia no ámbito da Enxeñería Industrial.

Dentro da aposta estratéxica por unhas ensinanzas de calidade que dean unha resposta acorde ás esixencias e necesidades da sociedade, a Escola de Enxeñería Industrial someteu o seu Sistema de Garantía da Calidades  ao proceso de acreditación por parte da Axencia da Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). A Comisión de Avaliación de ACSUG, unha vez examinado o Sistema de Garantía de Calidade (SGC) da Escola de Enxeñería Industrial na súa visita realizada o 4 de xuño de 2019, con obxecto de avaliar o seu grao real de implantación, con data 21 de xaneiro de 2020 emite unha valoración FAVORABLE ao mesmo.

Os documentos que configuran o Sistema de Garantía Interna da Calidade (SGIC) está configurado polos seguintes documentos:

Procedementos

Procesos Estratéxicos

Código Título Índice
 Dirección Estratéxica (DE):
DE-01  · Planificación e desenvolvemento estratéxico 04
DE-02  · Seguemento e medición 04
DE-03  · Revisión do sistema pola dirección 04
 Xestión da Calidade e Mellora Continua (MC):
MC-02  · Xestión de queixas, suxestións e parabéns 04
MC-05  · Medición de satisfacción dos grupos de interese 05

Procesos Chave

Código Título Índice
 Xestión Académica (AC):
 Planificación da oferta académica e aceso
AC-0104  · Accesos e admisión 02
 Xestión do alumnado:
AC-0201  · Matrícula 02
 Xestión de títulos:
AC-0401  · Expedición de títulos oficiais 02
 Docencia (DO):
 Xestión de programas formativos:
DO-0101  · Deseño, verificación, modificación e acreditación das titulacións oficiais 05
DO-0102  · Seguemento e mellora das titulacións 04
DO-0103  · Suspensión e extinción dunha titulación 04
 Planificación e desenvolvemento da ensinanza:
DO-0201  · Planificación e desenvolvemento da ensinanza 05
DO-0202  · Promoción das titulacións 04
DO-0203  · Orientación ao estudantado 04
DO-0204  · Xestión das prácticas académicas externas 04
DO-0205  · Xestión da mobilidade 04
 Información pública e rendición de contas:
DO-0301  · Información pública e rendemento de contas 05

Procesos Soporte

Código Título Índice
 Xestión do persoal (PE):
PE-01  · Xestión do PAS 04
PE-02  · Xestión do PDI 04
 Xestión documental (XD):
XD-01  · Control dos documentos 01
XD-02  · Control dos rexistros 01
 Xestión da infraestrutura e ambiente de traballo (IA):
IA01  · Xestión dos recursos materiais e dos servizos 01-03