Curso de adaptación aos graos

Se xa tes o título de Enxeñeiro Técnico Industrial, podes realizar o curso ponte para obter o título de Graduado.

Para o curso 2020/2021 impartirase na modalidade semipresencial. Soamente haberá clases de prácticas con horarios compatibles coa actividade profesional.

Admisión e Matrícula para o curso 2020/2021

Primeiro prazo:

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 12 de xuño de 2020. As solicitudes presentaranse vía electrónica  a través da Sede Electrónica ou por correo electrónico (eei.xaa.cidade@uvigo.es)
Publicación de listaxes provisionais de solicitudes admitidas a trámite: 17 de xuño de 2020
Prazo de presentación de reclamacións: do 18 o 22 de xuño de 2020
Publicación de listaxes definitivas de solicitudes admitidas a trámite: 26 de xuño de 2020
Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas a matricularse: 30 de xuño de 2020
Prazo de presentación de reclamacións: o 1 e 2 de xullo de 2020
Publicación de listaxes definitivas de persoas admitidas a matricularse: 6 de xullo de 2020.

Matrícula: do 31 de agosto ao 15 de setembro de 2020.

No caso de haber menos persoas admitidas que prazas ofertadas nos cursos ponte os centros poderán admitir solicitudes fóra de prazo sempre que a admisión poida ser resolta e a matrícula formalizada antes de que remate o período ordinario de matrícula indicado no apartado P.8.