Manual de acollida

A Escola de Enxeñería Industrial quere axudarche a que a túa integración na vida universitaria na Escola sexa satisfactoria. Por iso, para este curso elaboramos un pequeno manual de acollida onde poderás atopar aquela información que pode ser do teu interese e axudarche a facer a túa estancia na nosa Escola máis doada.

Entre outros temas, poderás consultar información sobre:

  • Oferta académica
  • Normativa de permanencia
  • Organización
  • Recursos materiais e servizos
  • Web da EEI
  • Plataformas de Teledocencia: Faitic e Moovi

Na seguinte ligazón podes atopar información de interese posta a túa disposición pola Universidade de Vigo:
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/novas/xornadas-benvida-20232024

Documentos e enlaces