Matrícula – elección de Grupo

Alumnado de Primeiro curso que se matricula por primeira vez

No curso académico 2026/2027 na Escola de Enxeñería Industrial (EEI) impártense 8 Graos, 3 Dobres Graos (PS) e 2 PARS, sendo o primeiro curso común para todos eles. É dicir, o alumnado de primeiro curso de calquera dos graos, dobres graos (PS) e PARS compartirá as materias do 1º curso.

No primeiro curso cada estudante terá que escoller un dos 15 grupos existentes, distribuídos entre ambas as dúas sedes:

A escolla deberá facela en base ao idioma, á quenda e á Sede nos que queira estudar e para elo debería ter en conta as seguintes cuestións:

1. En que sede quero cursar 1º curso?

  • Sede Campus: Nesta Sede impártense os grupos do 1 ao 8.
  • Sede Cidade: Nesta Sede impártense os grupos do 9 ao 15. 

2. En que quenda?

  • Quenda de mañá: O estudante poderá escoller entre 11 grupos, 6 na Sede Campus e 5 na Sede Cidade.
     
  • Quenda de tarde: O estudante poderá escoller entre 4 grupos, dous en cada unha das Sedes.

3. En que idioma?

Dos 15 grupos de primeiro curso, 1 deles impártese en inglés e os outros 14 en castelán ou galego.

  • Os estudantes do Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais-Inglés terán que matricularse obrigatoriamente no grupo en inglés (Grupo A07).
  • Os estudantes dos demais graos, PS e PARS poderán matricularse en calquera dos grupos, incluíndo o grupo en inglés, sempre que haxa prazas libres.

4. En que horario?

Os horarios das clases e prácticas de cada un dos grupos pódense consultar na páxina web da Escola: https://eei.uvigo.es/gl/alumnado/planificacion-academica/horarios.

5. Resumo do proceso de matrícula

Cada estudante deberá completar a súa matriculación na titulación elixida a través da CIUG e da aplicación de matrícula da Universidade de Vigo, seguindo as instrucións do vídeo https://www.youtube.com/watch?v=dRdRDRB5U5U.

No caso particular da Escola de Enxeñería Industrial, os pasos para formalizar a matrícula son os seguintes:

  1. Seleccionar:
    a) Idioma (castelán, galego ou inglés).
    b) Quenda (mañá ou tarde).
    O alumnado de Tecnoloxías Industriais en Inglés xa ten asignado o idioma (inglés) e a quenda (mañá).
  2. Seleccionar unha das materias.
  3. Escoller o grupo tendo en conta a Sede: Sede Campus ou Sede Cidade.
  4. Comprobar no xustificante de matrícula a quenda e o grupo seleccionado: en todas as materias debe ser o mesmo.
Alumnado de Continuación de Estudos
Instrucións xerais

Se es estudante dalgún dos 8 graos ou 3 dobres graos (PS) que se imparten na Escola de Enxeñería Industrial (EEI) e te matriculas por primeira vez en 2º ou cursos superiores, debes ter en conta as seguintes cuestións:

1º. En que Sede se imparte o grao ou PS que estou a cursar?

Todos os graos e dobres graos teñen o 1º curso en común, o cal se pode cursar en calquera das dúas Sedes.

A partir do 2º curso os graos distribúense entre ambas as dúas sedes -campus e cidade- de xeito que algúns impártense unicamente nunha Sede, mentres que outros impártense en ambas as dúas Sedes dependendo do curso ou da intensificación.

Os dobres graos, a partir do 2º curso, impártense maioritariamente na Sede campus; mais, en dous deles o 6º curso pódese cursar tamén na Sede cidade dependendo da intensificación elixida polo estudante.

2º. Podo elixir entre quenda de mañá e de tarde?

Soamente é posible escoller quenda naqueles graos que teñen mais dun grupo de teoría por curso. Por elo, é importante estar informado sobre cales graos soamente teñen 1 grupo de teoría e cales teñen máis dun grupo e, en ambos os dous casos, sobre a quenda de cada grupo:

No caso dos dobres graos (PS), nun mesmo curso, o estudante debe cursar materias dos dous graos que forman o PS, feito que lles obriga a ter que escoller un grupo por grao.

Para saber que grupo escoller, en función do PS, curso e cuadrimestre, non tedes máis que consultar a información aportada nas ligazóns B&M , B&A e M&A.

3º. Como coñecer o horario de cada grao/PS e curso?

Os horarios das clases e prácticas do curso académico 2026/27 están publicados na web da EEI e pódense consultar na seguinte ligazón: Horarios – EEI

4º. Podo matricularme en grupos diferentes?

  • Os estudantes que se matriculen dun curso completo, sexan de nova matrícula ou non, deben escoller o mesmo grupo para todas as materias do curso.

    De escoller grupos diferentes, avisarase ao estudante de que non está matriculado correctamente e faranse as correccións oportunas.

  • Os estudantes que se matriculen de materias de varios cursos, deberán:
    1. 1. Escoller o mesmo grupo en todas as materias dun mesmo curso.
    2. 2. Cursar todas as materias das que se matriculen na mesma sede , independentemente do curso do que sexan.
      • O alumnado de 4º curso do Grao en Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática que tamén se matricule dalgunha materia de cursos anteriores, terán que escoller obrigatoriamente un grupo da Sede Campus.
      • O alumnado de 4º curso do Grao en Enxeñería Mecánica, intensificacións de transporte e de maquinaria, que tamén se matricule dalgunha materia de cursos anteriores, terán que escoller obrigatoriamente un grupo da Sede Campus.
      • O alumnado de 4º curso do Grao en Enxeñería Mecánica, intensificacións de Deseño e de Construción, que tamén se matricule dalgunha materia de cursos anteriores, terán que escoller obrigatoriamente un grupo da Sede Cidade.

        De escoller grupos ou sedes diferentes, avisarase ao estudante de que non está matriculado correctamente e faranse as correccións oportunas.

Esta información permitiralle ao estudante ter clara a súa preferencia en canto á elección de grupo e sede, antes do inicio do proceso de matrícula e, polo tanto, minimizar o tempo invertido na matriculación e evitar errores. Neste senso, lémbrase que a escolla debe facerse de xeito que se garanta a compatibilidade de horarios.

Finalmente, tamén é de grande importancia ter en conta as seguintes cuestións:

1º O número de prazas dispoñibles por grupo son limitadas, de xeito que aqueles estudantes que antes se matriculen, mais posibilidades terán de escoller o grupo que prefiren, fronte a aqueles outros que se matriculen máis tarde.

2º Cando xa non haxa prazas dispoñibles nun grupo, este non se ofertará aos alumnos que se matriculen con posterioridade, é dicir, se a un estudante non lle aparecen ofertados todos os posibles grupos, é debido a que algún deles xa está completo.

3º Por facerse telematicamente pode haber varios estudantes matriculándose simultaneamente, os cales incluso poden estar interesados nun mesmo grupo/quenda. Neste caso, de haber dous estudantes competindo por unha única praza aquel que finalice o proceso de matrícula mais axiña será o que a consiga.

Preinscrición matrícula materias optativas

Debido a que o número de prazas é limitado, para poder matricularse nas materias optativas que se imparten neste centro, o alumnado deberá realizar unha preinscrición antes da apertura do prazo de matrícula nos estudos de grao de cada curso académico. O prazo ordinario de preinscrición é do 1 de xullo ao 17 de agosto.

Máis información no seguinte documento: Instrucións preinscrión optativas.