O alumnado do primeiro curso e primeira matrícula xa pode consultar a aula na que se desenvolverá a docencia: Aulas_Primeiro_Curso.
O alumnado de continuación de estudos pode consultar a aula na seguinte ligazón: Aulas_Continuación_Estudos.
Tendo en conta a situación na que nos atopamos, e pola seguridade de todas as persoas, é moi importante que cada estudante vaia no grupo no que está asignado.
É importante permanecer atentos ás novas e ás listas de correo por se houbese que facer algún tipo de axuste por razón de carácter organizativo. Solicitarvos toda a vosa colaboración para que, xuntos, sexamos quen de superar esta complexa situación.
Curso 2020/2021
Os horarios do curso 2020/2021 foron aprobados pola Comisión Permanente da EEI o día 27/07/2020. Como consecuencia da Resolución Reitoral do 27 de xaneiro de 2021 para a adecuación da actividade docente ás novas restricións adoptadas pola Xunta de Galicia, a Comisión permanente da Escola na reunión extraordinaria celebrada o 02 de febreiro de 2021, aprobou uns novos horarios que xa podes consultar neste apartado.
Titulacións de Grao
Graos Sede Cidade (horario con aulas)
Graos Sede Campus (horario con aulas)
Enxeñería Biomédica – Hospital Álvaro Cunqueiro
Titulacións de Mestrado
Mestrado en Enxeñería Industrial (horario con aulas)