Tarxeta Universitaria

O Carné Universitario é unha tarxeta intelixente realizada en colaboración co Banco Santander, que acredita ao alumno como membro da comunidade universitaria.

Ademais desta función, sérvelle ao estudante para funcións como o préstamo de libros, accesibilidade a material e emprazamentos non docentes, utilización de aulas de informática, acceso a instalacións deportivas da universidade, moedeiro electrónico ou descontos en comercios.

tarxeta-universitaria

Durante as primeiras semanas do curso, estará operativo un punto de emisión da tarxeta universitaria na Sala 2 do Edificio Miralles e na Sede Cidade da Escola. Para ofrecer as máximas garantías de seguridade, cómpre solicitar unha cita previa a través do sistema correspondente.

Tamen poderás solicitala en calquera momento nas Oficinas Universitarias do Banco Santander do campus, levando unha fotografía recente.

Documentos e enlaces