EEI: As siglas da Excelencia a través da Enxeñería e a Investigación
A Enxeñaría é unha actividade crucial no desenvolvemento da cadea de valor que vai desde a investigación ata o liderado industrial e a produción tecnolóxica. En consecuencia, a enxeñaría é un elemento indispensable para o desenvolvemento tecnolóxico e este debe estar sustentado a través dunha sólida investigación. Mostra deste compromiso, na Escola de Enxeñaría Industrial existen grupos de investigación que contan cunha longa traxectoria e que abarcan liñas de investigación esenciais para o desenvolvemento industrial.
A EEI entende que o desenvolvemento tecnolóxico é o conxunto de traballos sistemáticos que, aproveitando os coñecementos existentes, obtidos da investigación e a experiencia práctica, diríxense á produción de novos materiais, produtos, dispositivos, equipos ou servizos. O desenvolvemento tecnolóxico, é dicir, o descubrimento de tecnoloxías, así como a asimilación das xa descubertas, é a única solución para conectar a xeración de coñecementos co sector industrial.
Applied Power Electronics Technology (APET)
Jesús Doval Gandoy
URL: apetrg.webs.uvigo.es
Email: apetrg@uvigo.es
Liñas:
- Electrónica de potencia.
- Enerxías renovables.
- Calidade da enerxía.
- Accionamentos eléctricos.
Enerxía Eléctrica (en.e)
José Cidrás Pidre
URL: grupo_ene.webs.uvigo.es
Email: grupo_ene@uvigo.es
Liñas:
- Enerxías renovables: simulación e integración en redes eléctricas.
- Redes de enerxía eléctrica: planificación, análise, control e protección.
- Tecnoloxía eléctrica.
- Calidade de Subministración.
- Sistemas de eficiencia enerxética.
- Avaliación da eficiencia enerxética en instalacións.
- Termografía Infravermella de instalacións eléctricas.
Aplicacións dos Láseres (LASERON)
Juan M. Pou Saracho
URL: laseron.webs.uvigo.es
Email: jpou@uvigo.es
Liñas:
- Tratamento de superficies de biomateriais mediante láser.
- Produción de nanofibras bioactivas/bactericidas por Laser Spinning.
- Produción de nanopartículas por Ablación Láser.
- Fabricación aditiva de implantes (biocerámica, aleacións de Titanio e CrCo).
- Xeración de materiais multifásicos para rexeneración de tecidos.
Grupo de Deseño Microelectrónico
José Fariña Rodríguez
Email: jfarina@uvigo.es
Liñas:
- Deseño e implementación de sistemas embebidos para instrumentación, control e procesado de datos.
- Sensores microbalanza de cuarzo (QCM) para aplicacións electroquímicas e biosensores.
Grupo de Enxeñería de Deseño e Fabricación
José Enrique Ares Gómez
Email: enrique.ares@uvigo.es
Liñas:
- Optimización da vida útil no deseño, a fabricación e a reutilización de produtos, equipos, utillaxes e máquinas.
- Integración de metodoloxías lean‐manufacturing e six‐sigma en procesos de deseño e de fabricación 4.0.
- Metodoloxías para a análise e composición de tolerancias.
- Implantación de Técnicas do Valor en sistemas integrados.
- Aplicación de tecnoloxías de fabricación rápida e aditiva.
Grupo en Enxeñería en Organización (GIO)
José Carlos Prado Prado
URL: http://www.gio.uvigo.es/
Email: gio@uvigo.es
Liñas:
- Deseño de Sistemas Loxísticos e xestión da Cadea de Subministración.
- Mellora Continua e Participación do Persoal.
- Desenvolvemento e Integración de Sistemas de Xestión (Calidade, medioambiente, Prevención de Riscos).
- Deseño da Loxística do Envase e embalaxe (E+E).
- Avaliación e mellora do desempeño dos procesos de transporte por estrada.
- E-commerce
Grupo CIMA (EG-06)
Ángel Fernández Vilán
URL: cima.uvigo.es
Email: grupocima@uvigo.es
Liñas:
- Simulación FEM de sistemas mecánicos, centrándose en problemas tanto estáticos como dinámicos, con comportamento non lineal e viscohiperelasticidade.
- Investigación Aeroespacial: deseño mecánico de minisatélites e estudo do seu comportamento mediante ensaio físico e correlación FEM.
- Equipamento mecánico de aplicación en física de partículas: equipos de alta resistencia e baixo peso, sobre todo fabricación e cálculo FEM de fibra de carbono.
- Equipos mecánicos especiais: Deseño 3D, cálculo dinámico mediante sistemas multicuero e cálculo estrutural mediante FEM.
- Enerxías renovables
Grupo de Bioenxeñería e Procesos Sostibles (BIOSUV)
Mª Ángeles Sanroman Braga
URL: biosuv.uvigo.es
Email: biosuv@uvigo.es
Liñas:
- Remediación ambiental de chans e augas: Tratamentos físico-químicos, eléctricos e biolóxicos.
- Procesos de Oxidación Avanzada.
- Celas de Combustible Microbianas.
- Revalorización de Residuos.
- Tecnoloxía Enzimática: Produción e aplicación en diferentes sectores: alimentación, madeira, farmacéutico…
- Química Verde: Desenvolvemento e aplicación de novos disolventes como os líquidos iónicos e axentes preservantes da madeira.
Grupo de Metroloxía Óptica
José Luis Fernández Fernández
URL: opticalmetrology.webs.uvigo.es
Email: jlfdez@uvigo.es
Liñas:
- Estudo de deformacións e vibracións e ensaios non destrutivos de compoñentes mecánicos e estruturais.
- Inspección superficial, análise de microxeometría (rugosidade) e detección de defectos (poros, gretas, etc.) en metais, cerámicas, rocas ornamentais e outros materiais.
- Desenvolvemento de algoritmos de avaliación da fase de patróns de franxas no ámbito da metroloxía óptica.
Grupo de Simulación Numérica
Elena Martín Ortega
URL: sidor.uvigo.es
Email: emortega@uvigo.es
Liñas:
- Simulación numérica de fluxos en arterias e coronarias.
- Modelos de orde reducida
- Simulación numérica de tratamentos térmicos.
- Simulación de fluxos mediante software libre e comercial.
Statistical Inference, Decision & Operations Research
Jacobo de Uña Álvarez
URL: sidor.uvigo.es
Email: sidor@uvigo.es
Liñas:
- Estatística.
- Investigación de Operacións.
- Big Data.
Grupo de Enxeñería de Fabricación (GEF)
Alejandro Pereira Domínguez
URL: cadcam.uvigo.es
Email: apereira@uvigo.es
Liñas:
- Deseño de produtos, útiles e procesos de fabricación.
- Estudos de mecanizado, condicións de corte e estudos de desgaste de ferramentas.
- Conformado por fundición. Realización de modelos. Simulación con 3DFlow Casting.
- Metroloxía dimensional, análise e estudio da calidade superficial.
- Desenvolvemento de prototipos en ABS e Metálicos en máquina de fabricación aditiva por:
- Deposición Fundida de ABS.
- Soldadura CMT.
- Formación: Impartición de cursos de Deseño e Fabricación.
Grupo de Sistemas de Información
Manuel Pérez Cota
Email: mpcota@uvigo.es
Liñas:
- Sistemas de Información.
- Informática Industrial.
- Interfaces Home-Máquina.
- Ensinanza Asistida por Computador.
Enxeñería de Corrosión e Materiais (ENCOMAT)
X. Ramón Nóvoa Rodríguez
URL: encomat.uvigo.es
Email: encomat@uvigo.es
Liñas:
- Control da corrosión por modificación superficial a alta enerxía (implantación iónica, refusión por láser).
- Control da corrosión por modificación superficial de baixa enerxía (monocapas auto ensambladas, capas sol-gel).
- Control da corrosión por recubrimentos orgánicos e inorgánicos.
- Control da corrosión do aceiro en formigón (protección catódica, extracción de cloruros, pasividade).
- Estudo de aleacións para usos biomédicos (Ni/Ti, aceiros inoxidables, …)
- Desenvolvemento de electrodos para baterías Li-ion.
- Aplicacións industriais da electroquímica.
Enxeñería Química 10 (EQ10)
José Manuel Cruz Freire
URL: www.eq10.uvigo.es
Email: jmcruz@uvigo.es
Liñas:
- Aproveitamento de residuos agroindustriais para a obtención de distintos aditivos químicos e/ou alimentarios.
- Extracción e purificación de produtos biotecnolóxicos a partir de medios fermentativos.
- Extracción, purificación, caracterización e aplicación de biosurfactantes, obtidos a partir de bacterias lácticas ou fontes naturais, en industrias alimentarias, cosméticas ou ambientais.
- Avaliación da capacidade de producir biosurfactantes e bioemulsionantes de diferentes microorganismos.
- Formulación de bioadsorbentes, baseados no aproveitamento de residuos agroindustriais, para o tratamento de augas e efluentes industriais..
- Biocorrección de chans contaminados con hidrocarburos aplicando biosurfactantes e/ou microorganismos.
- Elaboración de envases activos que melloren a conservación de produtos alimentarios perecedoiros, tales como carnes ou peixes.
Enxeñería Química Enerxética e Ambiental (EQEA)
Ángel Sánchez Bermúdez
Liñas:
- Análise, deseño, simulación e optimización de procesos químicos e procesos de separación avanzados.
- Produción de hidróxeno e a súa aplicación en pilas de combustible.
- Análise, deseño, simulación e optimización de sistemas enerxéticos e vehículos híbridos con baterías.
- Combustibles alternativos: Biodiésel e Bioetanol.
- Análise e avaliación da contaminación acústica.
Enxeñería Química, Térmica e Medioambiental (ChETE)
Estrella Álvarez da Costa
Email: chete@uvigo.es
Liñas:
- Captura de CO2: Innovación, control e seguimento.
- Caracterización fisicoquímica e térmica de fluídos newtonianos e non-newtonianos.
- Caracterización reolóxica de alimentos e polímeros.
- Procesos de separación multifásicos.
- Aforro e mellora da eficiencia enerxética, de instalacións industriais, de servizos ou residenciais.
- Análise termográfica de equipos, procesos, instalación e edificación.
- Estudo de enerxías renovables: Xeotermia de baixa temperatura.
- Combustibles alternativos: Biodiésel de 1ª e 2ª xeración; Bioetanol.
- Valorización de residuos industriais.
Novos Materiais (FA3)
Pio González Fernández
URL: newmaterials.uvigo.es
Email: newmaterials@uvigo.es
Liñas:
- Biomateriais para implantes dentais, óseos e enxeñería de tecidos.
- Materiais bioinspirados para implantes, enxeñería de tecidos e deliberación de fármacos.
- Aplicacións Biomédicas para diagnóstico médico e enxeñería de tecidos.
- Semiconductores do grupo IV (Si, Ge, SiC, SiGeC, SiGeSn, GePb … ) para micro- e nano-electrónica, fotovoltaica, fotónica, sensores, biomedicina…
- Funcionalización de superficies para electrónica, fotónica flexible e biomedicina.
- Limpeza láser para a conservación do patrimonio cultural.
- Caracterización de superficies, interfases e capas delgadas.
- Simulación numérica de interaccións láser/materia para optimizar procesos láser.