Software

No recopilatorio de software da Universidade de Vigo pódese atopar o software de uso cotiá que os servizos informáticos poñen a disposición da comunidade universitaria. Para poder acceder á este recopilatorio é necesario dispor dunha conta de correo da universidade (tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es).

Por outra banda, a Escola de Enxeñería Industrial ten subscritos diferentes convenios que posibilitan ao alumnado dispor de licenzas para o uso de certos programas.

En particular, a EEI ten acordos campus para a utilización por parte de todo o alumnado de diversos programas, como por exemplo:

  • Matlab / Simulink (acordo con Mathworks).
  • Labview / Multisim (acordo con National Instruments).
  • Cype Ingenieros (acordo con Cype Ingenieros Consultores).
  • Autodesk (programas liberados para a comunidade universitaria).
  • Ansys (acordo con ESSS).
  • SolidWorks (acordo con Cimworks).
  • Catia/Delmia (acordo con ABGAM Grupo Segula Technologies).
  • Eplan (acordo con EPlan).
  • SolidEdge (acordo con Prismacim).
  • Cimatron (acordo con Cimatech).
  • Outros (relación completa en https://eei.uvigo.es/gl/escola/infraestruturas/acordos-de-software/)

Estes acordos contemplan, nalgúns casos, cursos de formación en liña e soporte técnico.

Ao igual que para o software corporativo da universidade, é necesario dispor dunha conta de correo da universidade (tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es)