Curso Adaptación ao Grao en Enxeñería Mecánica

Distribución de prazas e criterios específicos de selección:

  • 75% para quen obtivera o título nos catro cursos académicos inmediatamente anteriores ao curso académico no que se pretende matricular. Para esta admisión valorarase cada unha das partes e polo seguinte orde de prelación:
  1. Titulado en Enxeñaría Técnica Industrial especialidade en Mecánica pola Universidade de Vigo
  2. Expediente académico
  3. Experiencia profesional

 

  • Reservarase o 25% das prazas para quen obtivera o título e non cumpra a condición anterior. Para esta admisión valorarase cada unha das partes e polo seguinte orde de prelación:
  1. Titulado en Enxeñaría Técnica Industrial especialidade en Mecánica pola Universidade de Vigo o titulacións precedentes obtidas na E.E.I. de Vigo
  2. Expediente académico
  3. Experiencia profesional

 

Contidos:

deberán superar os 60 ECTS

  • Obrigatorios: Deberán cursar 48 ECTS correspondentes ás seguintes materias:

Fundamentos de sistemas e tecnoloxías de fabricación (6 ECTS) – R1/R2
Tecnoloxía medioambiental (6 ECTS)
Fundamentos de automática (6 ECTS)
Fundamentos de organización de empresas (6 ECTS) – R1/R2
Ciencia e tecnoloxía de materiais (6 ECTS) – R1/R2
Tecnoloxía electrónica (6 ECTS) – R1
Regulación automática (6 ECTS) – R1/R2
Xeración eléctrica con enerxías renovables (6 ECTS) – R1/R2

  • Obrigatorio: Realizar o Traballo fin de grao (12 ECTS)

 

Recoñecemento de Créditos:

Unha vez formalizada a matrícula, poderá ser obxecto de recoñecemento, ata un máximo de 18 ECTS por experiencia profesional e laboral adquirida con carácter previo aos estudos oficiais correspondentes que deberá ser ampla e estar relacionada coas competencias inherentes ao título oficial. Terase en conta a adecuación da actividade laboral e profesional realizada á capacitación profesional do título. Non se considerará experiencia profesional a que non estea relacionada coas competencias inherentes ao título e non sexa debidamente acreditada pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. Non se computará por ningún crédito se é inferior a 5 anos.

O recoñecemento destes créditos efectuarase en materias que non se deberán cursar e non incorporará cualificación dos mesmos polo que non computará a efectos de nota media.

O Traballo fin de grao nunca será obxecto de recoñecemento.

As materias que poden ser obxecto de recoñecemento, ata o máximo arriba indicado, varían en función do plan de estudos cursado. Quen cursara o plan do 1971 poderá solicitalo para as materias indicadas cunha R1 e quen cursara o plan do 2000 para as indicadas cunha R2.

 

Valoración experiencia profesional:

  • 5 anos de experiencia profesional: 6 ECTS
  • 6 anos de experiencia profesional: 12 ECTS
  • 7 anos de experiencia profesional: 18 ECTS

 

Máis información no teléfono 986 813 643