Obxectivos e Políticas de Calidade

Política de Calidade da Escola de Enxeñería Industrial

A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no eido universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas dos seus egresados e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.

Para isto existe o compromiso en empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e de acordo cos criterios e directrices establecidos. Así se establecen as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do centro:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento do espírito crítico, da capacidade de análise e de reflexión
  • Acadar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos con especial relevancia aqueles que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e do alumnado, fomentando a eficacia e continuidade dos sistemas e procesos vinculados
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia do coñecemento con perspectiva de xénero para remover os obstáculos que impiden unha igualdade real entre as mulleres e os homes
  • Conseguir un compromiso permanente de mellora continua como norma de conduta, e propor e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e mellora da calidade

Dibujito azulObxectivos de Calidade