Misión da Escola de Enxeñería Industrial

A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo é un centro público, cun marcado perfil tecnolóxico, coa misión de contribuír ao progreso e a innovación do tecido empresarial e as institucións, especialmente do N.O. peninsular, incorporando coñecemento de valor a través :

  • da formación integral de profesionais cualificados e comprometidos na transformación da sociedade,
  • dunha investigación de calidade,
  • e da transferencia dun coñecemento multidisciplinar.