Xunta de Escola

A Xunta de Escola é o órgano colexiado de representación e de decisión da EEI e está rexida polo título I do Regulamento de Réxime Interno da EEI.

Composición da Xunta de Escola

A Xunta de Escola está composta polos seguintes membros:

  1. O director da EEI, que a preside.
  2. O secretario da EEI que o será da propia Xunta.
  3. Todo o profesorado da EEI con vinculación permanente á Universidade, que constituirá o 51% da Xunta de Escola.
  4. Unha representación do persoal docente e investigador sen vinculación permanente á Universidade, que corresponderá ao 9% da Xunta de Escola. En calquera caso, polo menos o 80% corresponderá ao persoal docente e investigador con dedicación a tempo completo.
  5. Unha representación do alumnado, que constituirá o 30% da Xunta de Escola.
  6. Unha representación do persoal de administración e servizos que constituirá o 10% da Xunta de Escola.

Os membros electos da Xunta de Escola renovaranse cada dous anos.

Funcións da Xunta de Escola

De acordo co artigo 43 dos Estatutos da Universidade de Vigo, a Xunta de Escola ten as seguintes funcións:

  1. A elaboración, aprobación e modificación da proposta do seu regulamento de réxime interno.
  2. A elección e revogación do Director.
  3. A aprobación da proposta de distribución do orzamento anual da Escola e da súa execución.
  4. A implantación e seguimento dos plans de estudos.
  5. Coidado do bo funcionamento de todos os órganos e servizos da Escola.
  6. A resolución de conflitos que se poidan producir no seo da Escola.
  7. A promoción e o ordenamento da realización de traballos de fin de grao e traballos de fin de mestrado, e de ensinanzas e actividades complementarias esixidas para obter os títulos.
  8. A proposición e aplicación das normas de selección de estudantes e a valoración do seu rendemento e aproveitamento.
  9. A preparación e coordinación, de modo eficaz e adecuado, do horario das distintas materias, cursos monográficos, cursos de especialización, probas parciais e finais, distribución de aulas e servizos e ensinanzas complementarias, así como a habilitación de medidas de control do cumprimento das obrigas docentes.
  10. A distribución dos espazos que lle sexan asignados.
  11. Todas aquelas que lle atribúan a lexislación vixente e os Estatutos da Universidade de Vigo e non atribuídas expresamente ó Director.