Academic Activities 2026/27

As actividades académicas de acollida para o alumnado de primeiro curso, que se matricula por primeira vez nun dos Graos da nosa Escola, están programadas para a seguinte data:

Mércores 2 de setembro

  • 10:00 horas – Sede campus.
  • 16:00 horas – Sede cidade.

Para asistir a esta xornada debes facer o rexistro no seguinte formulario antes do 1 de setembro: rexistro actividades de acollida.

Co obxecto de que poidamos dispor de certa información relativa á túa procedencia, que nos axude a seguir mellorando no proceso formativo, agradecémosche que cubras o seguinte formulario: enquisa alumnado novo ingreso.

Podes consultar no seguinte documento a programación detallada destas actividades. De todas formas, recoméndase estar sempre atento ás novas da web da Escola por se houbese algunha modificación ou axuste.

Importante!: Debes coñecer o enderezo de correo electrónico co que formalizaches a matrícula, xa que será necesario durante os actos de acollida.

A actividade docente (clases) comezará a partir do luns 7 de setembro de 2026 de acordo coa planificación aprobada pola Comisión permanente da EEI.

Proximamente publicaremos toda a información relativa ás xornadas de acollida para o alumnado de continuación de estudos e  dos mestrados.

Documentos e enlaces