
Que é CES?
Somos un equipo interdisciplinar formado por alumnos da Universidade de Vigo en colaboración con Marine Instruments. Buscamos deseñar e fabricar barcos propulsados por luz solar para participar en competicións internacionais, ademáis de fomentar o mundo da náutica e as enerxías renovables na comunidade universitaria.
CES é o acrónimo de Clean Energy Ship, que pronunciado en inglés recorda ás illas da costa viguesa: as Cíes. Este nome lémbranos tanto o noso obxectivo, como a nosa orixe nas costas das Rías Baixas.
Desafíos
Un dos nosos principais desafíos foi competir na Energy Boat Challenge, unha regata internacional na que participan estudantes e profesionais de todo o mundo en diferentes categorías: Enerxía, Solar e Mar aberto. Sendo a nosa primeira competición logramos un sexto posto dos 13 participantes da nosa categoría. O noso obxectivo é seguir mellorando a embarcación e participar en máis competicións para amosar todo o noso esforzo.





