Plan director crecemento da EEI – Sede Campus

En decembro de 2025, a Escola de Enxeñaría Industrial iniciou un proceso participativo co obxectivo de definir as directrices que marcarán a evolución espacial da EEI a curto e medio prazo, incluíndo os seus edificios e infraestruturas, así como as relacións entre as súas diferentes sedes e subsedes.

Como resultado deste traballo, elaborouse un plan director que recolle a proposta formulada e describe unha solución para a ampliación e adecuación das instalacións actuais da Escola.

Nesta fase do proceso, queremos contar coa opinión de todas as persoas que desenvolven a súa actividade na sede do Campus sobre a solución proposta. Por iso, convidámosvos a participar cubrindo a seguinte enquisa.

O prazo para participar remata o 4 de outubro.

Ademais, o venres 25 de setembro, ás 12:00 horas, celebrarase unha reunión en liña cos responsables da proposta, Jaume Blacafort e Patricia Reus, na que se poderán formular e resolver as dúbidas relacionadas coa solución presentada.

Agradecemos a vosa participación e colaboración neste proceso.