Xornada Conmemorativa polo 50º aniversario dos Estudos de Enxeñería Industrial

O ano 2026 vén marcado pola celebración dos aniversarios dos piares que deron orixe á actual Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, fortalecendo unha centenaria tradición de formación técnica e de excelencia no ámbito industrial co desenvolvemento dos estudos superiores en enxeñería.

Un dos momentos centrais desta celebración terá lugar o vindeiro sábado 24 de outubro de 2026, cunha xornada conmemorativa do 50 aniversario do inicio dos estudos de Enxeñería Industrial, que comezaron en 1976 coa creación da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais (ETSEI). Este fito supuxo unha aposta por unha enxeñería industrial ao máis alto nivel en resposta aos grandes retos e as esixencias do tecido industrial da nosa contorna..

A xornada reunirá representantes do ámbito académico, empresarial e industrial nun acto concibido como un punto de encontro para poñer en valor a historia e a contribución da Escola ao desenvolvemento da súa contorna, así como para reflexionar sobre os principais retos da enxeñaría do futuro.

O acto celebrarase a partir das 11:00 horas na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus e contará cun programa centrado no papel da enxeñaría industrial como motor de innovación, competitividade, progreso tecnolóxico e desenvolvemento económico.

Como complemento ao programa, ao finalizar o acto, sobre ás 13:00 horas, haberá un espazo para compartir experiencias e favorecer o reencontro entre antigo alumnado, compañeiras e compañeiros, persoal da Escola e profesionais vinculados á institución. 

As prazas son limitadas, polo que será necesario realizar a inscrición previa o antes posible a través do seguinte formulario. Se xa realizaches a inscrición anteriormente, é necesario que volvas formalizala:

👉  Evento 50º aniversario – 24 de outubro