Xornadas de acollida alumnado de novo ingreso da EEI 2026/27

A Escola de Enxeñaría Industrial dará a benvida ao alumnado de novo ingreso do curso académico 2026/2027 cunhas xornadas de acollida e orientación que se celebrarán o día 2 de setembro ás 10:00 horas na sede campus e ás 16:00 horas na sede cidade.

Estas xornadas teñen como obxectivo facilitar a incorporación á vida universitaria, ofrecer información de interese sobre a Escola e os seus servizos, resolver dúbidas e favorecer que o alumnado comece esta nova etapa con toda a información necesaria.

En nome de todo o persoal da Escola de Enxeñaría Industrial queremos darche a benvida ao novo curso académico e agradecerche a confianza que depositaches na nosa Escola e nas nosas titulacións. Agardamos que esta nova etapa na EEI che permita acadar os teus obxectivos, adquirir novos coñecementos, vivir novas experiencias e medrar tanto no ámbito profesional como persoal.

As clases do primeiro cuadrimestre comezarán o luns 7 de setembro de 2026, polo que te animamos a participar nestas actividades de acollida, deseñadas especialmente para o alumnado que se incorpora por primeira vez á Universidade.

Na seguinte ligazón e na axenda podes atopar o programa das xornadas de acollida: Programa actividades de acollida.

Para asistir a esta xornada debes facer o rexistro no seguinte formulario antes do 1 de setembro: rexistro actividades de acollida.

IMPORTANTE! Debes coñecer o enderezo de correo electrónico co que formalizaches a matrícula, xa que será necesario durante os actos de acollida.

Co obxecto de que poidamos dispoñer de certa información relativa a túa procedencia, que nos permita continuar mellorando no proceso formativo, agradecémosche que cubras o seguinte formulario: enquisa alumnado novo ingreso.

Proximamente publicaremos toda a información relativa ás xornadas de acollida para o alumnado de continuación de estudos e  dos mestrados.

Documentos e enlaces