Axenda

Información do evento:

  • Ven
    20
    Nov
    2026

    Conectividade intelixente para a industria de mañá

    10:00Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Campus

    Xornada Ágora Cátedra Telefónica

      

    Nun contexto de profunda transformación tecnolóxica, a conectividade consolídase como un dos principais motores da industria do futuro. Tecnoloxías como o 5G, o IoT ou a computación en Edge están a redefinir os modelos produtivos e a impulsar contornos máis eficientes, flexibles e sostibles, nos que os datos e a intelixencia se converten en activos clave para a competitividade.

     

    A xornada Ágora «Conectividade Intelixente: a Industria do Mañá» nace co obxectivo de xerar un espazo de reflexión e diálogo entre a universidade, a empresa e as institucións arredor do papel das infraestruturas dixitais na evolución do tecido industrial. Desde a automatización avanzada ata a fábrica hiperconectada, a conectividade abre novas oportunidades que transforman non só os procesos produtivos, senón tamén o talento, a innovación e a competitividade.

     

    Este encontro adquire un significado especial ao celebrarse no marco do 125 aniversario do inicio dos primeiros estudos de industriais, así como do 25 aniversario da Rede de Cátedras Telefónica, que desde hai anos impulsa a colaboración entre universidade e empresa para favorecer a adopción de tecnoloxías disruptivas e o desenvolvemento do talento dixital.

     

    A xornada celebrarase na Escola de Enxeñaría Industrial – Sede Campus, onde terán lugar as sesións institucionais e de debate. O programa completarase cunha exposición e unha conferencia do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), que permitirán ás persoas asistentes coñecer de primeira man a aplicación destas tecnoloxías nun dos contornos industriais máis avanzados do noso país.

     
    📅 20 de novembro.  
    🕙 10:00 horas.  
    📍 Escola de Enxeñaría Industrial – Sede Campus.
     

    Consulta máis información no seguinte documento.