Información do evento:
-
Lun23Nov202610:30Aula de grao - Sede Campus
XV Xornada patentes e propiedade intelectual
Da teoría á práctica: claves da propiedade intelectual e industrial
Como se pode protexer unha invención? Que diferenzas existen entre unha patente, un modelo de utilidade, un deseño ou unha marca?
A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, coa colaboración de ABG Intellectual Property, organiza a XV Xornada de Patentes e Propiedade Intelectual, unha actividade dirixida a achegar ás persoas participantes os principais mecanismos de protección das creacións e innovacións tecnolóxicas.
Ao longo da sesión abordaranse os conceptos fundamentais da propiedade intelectual e industrial, con especial atención ás patentes, os seus requisitos e procedementos de solicitude. A xornada combinará explicacións teóricas con casos prácticos para facilitar a comprensión e aplicación destes coñecementos.Data: luns, 23 de novembro de 2026.
Horario: de 10:30 a 13:30 h.
Lugar: Aula de Grao da Escola de Enxeñaría Industrial (Sede Campus).
Acceso: libre ata completar aforo.
Programa da xornada
- Propiedade intelectual e propiedade industrial.
- Modos de protección da propiedade intelectual.
- Modos de protección da propiedade industrial.
- Patentes.
- Modelos de utilidade.
- Deseños.
- Marcas.
- Patentes.
- Que é unha patente?
- Estrutura dunha patente.
- Requisitos de patentabilidade.
- Procedemento administrativo.
- Dereitos.
- Modalidades de patentes.
- Casos prácticos de patentes.
- Estrutura.
- Xogo de reivindicacións.
- Determinación do estado da técnica.
- Exercicio práctico.
- Quenda de preguntas e resolución de dúbidas.
Relator

Fernando Prieto Morán
Axente Europeo de Patentes, con máis de 30 anos de experiencia en propiedade intelectual e industrial.
Socio responsable do Departamento de Enxeñaría de ABG IP.
IAM Global Leader 2027.Agardámosvos!




