- Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Mestrado Universitario.
- Asimesmo poderán acceder os que se atopen nalgún dos seguintes supostos:
- Estar en posesión dun título universitario oficial español, ou doutro pais integrando do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao Mestrado dacordo co establecido no artigo 16 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro e ter superado un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos que, ao menos 60, terán que ser de nivel de Mestrado.
- Estar en posesión dun título oficial español de Graduado, cunha duración, conforme anormas dereito comunitario, sexa de ao menos 300 créctios ECTS. Estes titulados deberán cursarcon carácter obrigatorio os complementos de formación requeridos polo programa, salvo queo plan de estudos do correpondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación, equivalentesen valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de Mestrado.
- Os titulados universitarios que, previa obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, teñan superado con avaliación positiva ao menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.
- Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación pola Universidade de que acredita un nivel de formación equivalente ao título oficial español de Mestrado Universitario e que facilita no pais expeditor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que esté en posesión o interesado nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de acceso ás ensinanzas de Doutoramento.
- Estar en posesión de outro título español de Doutor obtido conforme a enteriores ordenacións univeristarias.
- Os doutorandos que tiveran iniciado o seu programa de doutoramento conforme a anteriores ordenacións universitarias poderán acceder aos estudos de doutoramento regulados polo RD 99/2011, previa admisión dacordo ao establecido no Regulamento de estudos do doutoramento da Universidade de Vigo. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso a estudos de doutoramento regulados por polo RD99/2011.
- Poderán acceder a estudos de doutoramento os Licenciados, Arquitectos ou Enxeñeiros que estén en posesión do Diploma de Estudos Avanzados obtido dacordo ao disposto no Real Decreto 778/1998, de 30 de abril, ou alcanzasen a a suficiencia investigadora regulada no Real Decreto 185/1985, de 23 de xaneiro.
- Poderán acceder aos estudos de doutoramento os Licenciados, Arquitectos ou Enxeñeirosque eestén en posesión dun título de Mestrado oficial conforme ao Real Decreto 56/2005 ou ao Real Decreto 1393/2007, modificado polo Real Decreto 861/2010, ou teñan superado 60 ECTS de estudos de Mestrado oficial.
- Tamén poderán acceder aos estudos de doutoramento os Diplomados, Enxeñeiros Técnicos ou Arquitectos técnicos que acrediten ter superados 300 ECTS no conxuntos de estudos universitarios oficiais, dos que ao menos 60 sexan de nivel de Mestrado Universario.