Plan de Investigación

Antes de seis meses contados a partires da data de matrícula no programa de doutoramento o alumno deberá elaborar un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía que empregará e os obxectivos que se pretenden acadar, así como os medios e a planificación temporal para acadalos. Este plan deberá ser presentado e avalado co informe do Director/es e do Titor e deberá ser aprobado pola Comisión Académica. Anualmente a Comisión Académica avaliará o Plan de Investigación e o Documento de Actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa de doutoramento. No caso de avaliación negativa, que será …

Continuar lendo

Directores

No prazo máximo de tres meses contados dende a súa matriculación, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento asignará a cada alumno un Director de Tese. O Director da Tese será o máximo responsable das actividades de formación, do impacto e novidade no seu campo, da temática da Tese e de ser o guía na planificación e a súa adecuación, no seu caso, a outros proxectos e actividades onde se inscriba o alumno. Poderá ser Director da Tese calquera doutor español ou estranxeiro, con experiencia investigadora acreditada, con independencia da universidade, centro ou institución na que preste os seus servizos. …

Continuar lendo

Horarios

Co obxecto de garantir que todos os alumnos matriculados poidan acceder ás actividades de formación complementaria, incluíndo aqueles alumnos matriculados a tempo parcial, os cursos impartiranse en horario de tarde para ser compatibles coa actividade profesional. A Comisión Académica publicará con antelación suficiente a planificacón académica. Planificación Académica curso 2022/2023 Planificación Académica curso 2021/2022 Planificación Académica curso 2020/2021 Planificación Académica curso 2019/2020 Planificación Académica curso 2018/2019 Planificación Académica curso 2017/2018 Planificación Académica curso 2016/2017

Continuar lendo

Criterios de admisión

Para ser admitido no Programa de Doutoramento en tecnoloxías e procesos avanzados na industria pola Universidade de Vigo será necesario cumprir algunha das seguintes condicións: Estar en posesión dun título de Grao Universitario regulado polo RD 1393/2007 ou R.D. 822/2021 e estar en posesión do título de mestrado universitario en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo ou mestrado en Enxeñería Biomédica pola Universidade de Vigo. Estar en posesión dunha titulación de ciclo largo regulada pola Lei de Reforma Universitaria (LRU), tal como Enxeñería Industrial, Enxeñería de Telecomunicacións, Enxeñería de Minas, Licenciado en Ciencias Físicas, Licienciado en Ciencias Químicas, etc.. e …

Continuar lendo

Competencias Xerais

Desenvolvemento das capacidades comprensivas, de análise e síntese Desenvolvemento das capacidades para plantexar e resolver problemas complexos aplicando os coñecementos adquiridos. Desenvolvemento das capacidades para aplicar coñecementos a entornos novos, para formular e resolver novas preguntas, para plantexar e contrastar novas hipóteses. Desenvolvemento da habilidade de elaboración, presentación e defensa de traballos científicos tanto de forma oral como escrita. Desenvolvemento de habilidades para a divulgación de ideas en contextos académicos non especializados.

Continuar lendo

Competencias

Con carácter xeral fomentarase en todo momento entre os estudantes: O respeto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres (Lei 3/2007 de 22 de marzo) O respeto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de accesibilidade universal e deseño para todos de conformidade co disposto na disposición final décima da Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.  Os valores propios dunha cultura de paz e de valores democráticos (Lei 27/2005 de 30 de novembro)

Continuar lendo

Colaboracións

Universidade do Minho (Braga – Portugal), Technische Universität Wien (Austria), VSB – Technical University of Ostrava (República Checa), Aarhus Universitet (Dinamarca), Universiteit Twente (Holanda), University of Maribor (Eslovenia), University of Newcastle upon Tyne (Reino Unido).  Colaboración na formación dos alumnos de doutoramento no eido da innovación e a creatividade en sistemas complexos na enxeñería. Lévanse a cabo mediante a participación conxunta nun Erasmus Intensive Program titulado “Innovation and Creativity for Complex Engineering Systems (ICCES)” para a formación de estudantes de doutoramento. Albert-Ludwigs Universität Freiburg im Breisgau (Alemania) Acordo de colaboración co Instituto de Informática para o desenvolvemento de traballos de …

Continuar lendo

Comisión Académica

A Comisión Académica deste Programa de Doutoramento estará formada polos seguintes membros: Presidente: Juan María Pou Saracho Secretario: Jaime Sieres Atienza Vogal:  Titular: Alicia Cachafeiro López Suplente: Antón Martínez Martínez Vogal: Titular: Carmen María Abreu Fernández Suplente: Mª Julia Cristóbal Ortega Vogal: Titular: Antonio Barreiro Blas Suplente: Enrique Paz Domonte Vogal: Titular: Juan José Rodríguez Andina Suplente: José Fariña Rodríguez Vogal: Titular: María Gloria Fiestras Janeiro (Responsable de Calidade) Suplente: Antonio Fernández Otero

Continuar lendo

Datos básicos do título

O obxectivo do programa de doutoramento é ofrecer unha formación multidisciplinar aos enxeñeiros e licencaidos que se decidan pola realización dunha Tese Doutoral no ámbito dos procesos avanzados e as tecnoloxías industriais. O presente programa susténtase na experiencia docente, investigadora e de transferencia de tecnoloxía de máis de 40 profesores da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. SEDE CAMPUS Rúa Maxwell, s/n. Campus Universitario Lagoas-Marcosende 36310 Vigo, Pontevedra Teléfono: +34 986 812 200 Fax: +34 986 812 201 Latitude: 42.16829108715647 (42º 10′ 5.85″ N) Lonxitude: -8.688998516882293 (8º 41′ 20.39″ W) Descrición do título Denominación do título Programa de …

Continuar lendo

DITPA

Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria Novas

Continuar lendo