O 2 de xuño, a partir das 18:00 horas, celebrarase o acto de graduación do noso alumnado.
Este ano presenta como particularidade a primeira promoción do Grao en Enxeñería Biomédica, titulación deseñada coa colaboración do Complexo Hospitalaria Universitario de Vigo, e tamén a primeira promoción do alumnado do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais que forma parte do Programa de Excelencia Ultreia 2020 da Xunta de Galicia.
Xunto a eles, participarán a sétima promoción de alumnos/as que finalizan os estudos no marco do Mestrado en Enxeñería Industrial, ademais da novena promoción de estudantes que cursaron algún dos restantes graos impartidos na Escola de Enxeñería Industrial: Enxeñería Eléctrica, Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática, Enxeñería Mecánica, Enxeñería en Organización Industrial, Enxeñería en Química Industrial e Enxeñería en Tecnoloxías Industriais.
Lembramos que soamente poderán asistir as personas que teñan invitación. É moi importante que respectemos as normas para que o evento se desenvolva de maneira exemplar nun día tan sinalado para os/as graduados/as e as súas familias, despois dun curso dun grande sacrificio.
Nas vindeiras datas publicaremos o programa completo do acto.
Actividade patrocinada pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.