Xornada das profesións 2022

 

 

 

O mércores 8 de xuño ás 17:00 horas terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

 

Esta xornada está dirixida a alumnos da Escola de Enxeñería Industrial recén titulados ou nos últimos cursos.

 

Este ano a xornada voltará celebrarse de forma presencial, no paraninfo da Escola Enxeñería Industrial Sede Cidade.

 

Hai 100 prazas dispoñibles que se adxudicarán por orde de inscrición. Esta inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

 
https://forms.gle/YeCrX2NFAkMjFWJg9
 

 

O programa previsto é o seguinte:

 

  • 17:00 horas – Presentación
    Juan E. Pardo Froján. Director da Escola de Enxeñería Industrial.
    Paula Froiz Lareu. Delegada en Vigo do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).
    Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano de Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO).

 

  • 17:10 horas – Conferencia inaugural: “Desafíos e oportunidades para os futuros enxeñeiros na estratexia de I+D+i empresarial en 2022″.
    Santiago García Seoane, Silveiro García Cores e José Juan Sarrato Martínez. RENFE Fabricación e Mantemento.

 

  • 17:30 horas – Continuación de estudos.
    Celso Fernández Silva. Subdirector de Planificación da E.E.I.

 

  • 17:40 horas – Prácticas en empresas.
    Luis Eguizábal Gándara. Subdirector de Relacións coas Empresas da E.E.I.

 

  • 17:50 horas – Estadías no estranxeiro.
    Cristina Trillo Yáñez. Subdirectora de Relacións Exteriores da E.I.I.

 

  • 18:00 horas – A función comercial do enxeñeiro.
    David Ferreirós Rodríguez. Enxeñeiro de Ventas INFAIMON.

 

  • 18:20 horas – O Enxeñeiro na gran empresa..
    Marta Judith Fernández Docampo. Xefe de Proxecto GESTAMP VIGO.

 

  • 18:40 horas – O Enxeñeiro na Administración Pública.
    Manuel Caride González. Enxeñeiro Técnico Industrial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

 

  • 19:00 horas – O Exercizo Libre da Profesión e o Seguro de Responsabilidade Civil.
    Alejandro Balsa Campos. Responsable Técnico en INDICA INGENIERÍA.

 

  • 19:20 horas – O Enxeñeiro como docente.
    Xoan Carlos Muñiz Abuín. Profesor de Ensinanza Secundaria, Dirección Instituto.

 

  • 19:40 horas – O enxeñeiro na PYME e como empresario.
    Daniel Prieto Renda. CEO en SOLTEC INGENIEROS, S.L.

 

  • 20:00 horas – O Colexio Profesional.
    Pablo Pérez Vázquez. Director de Xestión do ICOIIG.

 

  • 20:15 horas – Saídas profesionais no estranxeiro.
    Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano de COITIVIGO.

 

  • 20:25 horas – Coloquio aberto.
    Asistentes e relatores.