50 aniversario dos estudos de enxeñería industrial

Unha viaxe pola historia – o gran reencontro    En outubro de 1976 comezaban os estudos de Enxeñaría Industrial en Vigo. Cincuenta anos despois, queremos celebrar este fito coa comunidade que, ao longo de cinco décadas, contribuíu a construír esta historia.   📅 Sábado 24 de outubro 📍 Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus   A celebración terá como acto central un encontro aberto ás diferentes xeracións de estudantes, persoas egresadas, profesorado, persoal e demais persoas vinculadas á Escola, que co seu esforzo e compromiso contribuíron a construír estes cincuenta anos de historia, formación, innovación e desenvolvemento.   Programa …

Continuar lendo

50 aniversario dos estudos de enxeñería industrial

Un encontro coa historia – viaxando no tempo    📅 20 de outubro 📍 Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus   Un primeiro encontro aberto á comunidade para poñer en valor a traxectoria da Enxeñería Industrial en Vigo e a súa contribución ao desenvolvemento industrial, tecnolóxico e social da nosa contorna.   Entrada libre e sen necesidade de inscrición previa.   A Escola abre as súas portas para viaxar no tempo. Alumnado, profesorado e persoas egresadas percorrerán a Escola dos seus primeiros anos, recuperarán a moda de diferentes décadas e celebrarán xuntos medio século de historia, nunha xornada que …

Continuar lendo

Obradoiro Voces de cambio

Protocolo de prevención do acoso sexual e por razón de sexo na UVigo   Esta formación presencial e dinámica terá lugar o xoves 15 de outubro, de 12:00 a 13:30 horas, na Aula de Grao da EEI – Sede Campus.   A formación ofrece recursos prácticos para sensibilizar e capacitar o alumnado na identificación e comprensión das violencias machistas no contexto universitario, con especial atención ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo. Así mesmo, promove a adquisición de ferramentas para recoñecer, previr e actuar ante estas situacións no día a día.   Pode consultarse máis información na …

Continuar lendo

Xornadas de acollida 2026/2027- 3º curso

30 de setembro e 1 de outubro    Máis alá da aula: prácticas, mobilidade e colaboración.   Os días 30 de setembro e 1 de outubro celebraranse as xornadas de acollida dirixidas ao alumnado de 3.º curso da Escola.   Durante estas xornadas presentaranse diferentes oportunidades e recursos de interese para o estudantado, con información sobre:   Prácticas académicas. Mobilidade. Bolsas de colaboración en departamentos.   Unha oportunidade para coñecer de primeira man as distintas opcións dispoñibles e resolver dúbidas sobre os procedementos e requisitos.   Podes asistir a unha das seguintes reunións:   Sede Cidade 📅 Mércores 30 de …

Continuar lendo

G-Night 2026: achegando a ciencia e a enxeñería á cidadanía

Non perdas esta oportunidade!   O vindeiro venres 25 de setembro de 2026 celebrarase unha nova edición da G-Night, a Noite Galega das Persoas Investigadoras. Nesta VI edición, este evento ten como obxectivo achegar a ciencia e a investigación á cidadanía, fomentar a divulgación científica e poñer en valor a importancia da investigación para o avance da sociedade.   O programa reunirá propostas de divulgación científica, demostracións e actividades participativas e a Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) estará un ano máis presente nesta cita coa ciencia.   Persoal investigador e docente da EEI participará nas actividades que se desenvolverán no …

Continuar lendo

Xornadas de acollida 2026/2027- 4º curso

21 e 23 de setembro    Es estudante de 4º? Sabes responder ás seguintes preguntas?   — Que diferenza hai entre prácticas curriculares e extracurriculares?   — Podo facer prácticas no verán?   — Podo facer prácticas no estranxeiro despois de titularme?   — Canto poden durar as prácticas?   — As prácticas son remuneradas?   — Podo presentar o TFG se me queda algunha materia pendente?   — Se presento o TFG en setembro, teño que volver pagar a matrícula?   — Que opcións teño para continuar os meus estudos?   — Podo optar a algún programa de mobilidade …

Continuar lendo

II Xornadas de Enxeñería Biomédica

📅 22 e 23 de setembro de 2026 📍 Escola de Enxeñaría Industrial – Sede Campus    As II Xornadas de Enxeñaría Biomédica nacen como un punto de encontro entre a enxeñaría e a medicina, reunindo durante dous días a alumnado, profesorado, persoal investigador e profesionais do sector para abordar diferentes ámbitos da enxeñaría biomédica e as súas aplicacións na saúde.   O programa inclúe:   Martes 22 de setembro   Acto de apertura e inauguración. Charla Tecnología al servicio del neurocirujano: sistemas de asistencia quirúrgica, a cargo do Dr. Manuel Carballo Quintá. Mesa redonda Mujeres STEM: Realidades y Desafíos. …

Continuar lendo

Congreso DCETIP 2026

Organizado por CINTECX, converterá a EEI nun espazo de referencia para o intercambio de coñecemento, a innovación e a colaboración científica.       As instalacións da Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) acollerán os próximos 21 e 22 de xullo o congreso internacional DCETIP 2026, organizado por CINTECX. Este encontro doutoral reunirá persoal investigador especializado en enerxía, tecnoloxías avanzadas e procesos industriais para compartir coñecemento, presentar os resultados das súas investigacións e fomentar novas colaboracións.   O congreso está dirixido a persoal investigador en etapas iniciais, doutorandas e doutorandos, persoas recentemente doutoradas e profesionais do ámbito industrial interesados en presentar os …

Continuar lendo

Xornadas acollida alumnado novo ingreso 2026/27

10:00 horas – Sede campus. 16:00 horas – Sede cidade     A Escola de Enxeñaría Industrial dará a benvida ao alumnado de novo ingreso o 2 de setembro cunha xornada de acollida que se desenvolverá en horario de mañá na Sede Campus e en horario de tarde na Sede Cidade, co obxectivo de facilitar a incorporación á vida universitaria e dar a coñecer a Escola, os seus servizos e recursos.   🟦 Sede Campus   📅 2 de setembro · 🕙 10:00 h · 📍 Salón de Actos   Programa   10:00 – 10:10 h: Benvida. 10:10 – 11:45 …

Continuar lendo

Presentación do novo vehículo UVigo Motorsport

Meses de traballo, innovación e perseveranza culminan na presentación do novo monopraza de UVigo Motorsport   O próximo venres 3 de xullo a partir das 15:00 horas, terá lugar no salón de actos da EEI – Sede Campus a presentación do novo vehículo desenvolvido por UVigo Motorsport, o equipo de Fórmula Student da Universidade de Vigo.   UVigo Motorsport é o único equipo de Fórmula Student de Galicia. Creado no ano 2014 por un grupo de estudantes da Escola de Enxeñería Industrial, está integramente formado por alumnado da Universidade de Vigo e ten como obxectivo deseñar, fabricar e poñer a …

Continuar lendo