Descubre ata onde pode levarte a enxeñaría
Que hai despois da universidade? Que saídas profesionais ofrece a enxeñaría?
A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, xunto co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, organiza unha nova edición da Xornada das Profesións, dirixida ao alumnado dos últimos cursos e ás persoas recentemente tituladas que queiran coñecer de primeira man as oportunidades que se abren ao finalizar os seus estudos.
Profesionais de diferentes ámbitos compartirán as súas experiencias, achegando unha visión práctica dos distintos camiños profesionais que abre a enxeñaría. A xornada será tamén unha oportunidade para formular preguntas, resolver dúbidas e compartir inquedanzas cos relatores e relatoras.
Ademais, a xornada contará cun coffee break, un momento para continuar as conversas e establecer contactos nun ambiente máis distendido.
Información da xornada:
📅 Mércores 18 de novembro de 2026.
🕔 17:00 horas.
📍 Paraninfo da EEI – Sede Cidade.
Inscrición
Hai 180 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición. Podes inscribirte ata o 17 de novembro:
👉 Reserva a túa praza.
🎁 Entre as persoas asistentes sortearanse unhas gafas de realidade virtual: GAFAS RV 3D HD 110º ANTI LUZ AZUL.
O programa previsto é o seguinte:
- 17:00 horas – Recepción asistentes e relatores.
- 17:30 horas – Presentación.
– José Fariña Rodríguez. Director da Escola de Enxeñería Industrial.
– Julio García Cordonié. Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).
– Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO) e Presidente de AITIGRIP.
- 17:40 horas – Enxeñeiro/a recén titulado/a. Crear unha empresa.
Juan Manuel Veira Fuentes. Enxeñeiro Industrial
- 17:55 horas – A función comercial do/a enxeñeiro/a.
David Ferreirós Rodríguez . Account Manager & Enxeñeiro de ventas INFAIMON.
- 18:10 horas – O/a enxeñeiro/a na PEME e como empresario.
Daniel Prieto Renda. CEO en SOLTEC INGENIEROS, S.L.
- 18:25 horas – O/a Enxeñeiro/a na Administración Pública.
Manuel Caride González. Xefe da área de enerxías renovables do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) .
- 18:40 horas – O Exercicio Libre da Profesión e o Seguro de Responsabilidade Civil.
Alejandro Balsa Campos. Responsable Técnico en INDICA INGENIERÍA.
- 18:55 horas – O/a Enxeñeiro/a como docente.
Xoan Carlos Muñiz Abuín. Profesor de Ensinanza Secundaria, Dirección Instituto.
- 19:10 horas – O/a Enxeñeiro/a na grande empresa.
María Quirós Gómez. RG Cliente da torre de control de STELLANTIS.
- 19:25horas.
– O Colexio Profesional. Pablo Pérez Vázquez. Director de Xestión do ICOIIG.
– Saídas profesionais no estranxeiro. Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano de COITIVIGO e Presidente de AITIGRIP.
- 19:40 horas – Coloquio aberto.
Asistentes e relatores.
- Coffee break.
Asistentes e relatores.




