Xornada das profesións 2026

Descubre ata onde pode levarte a enxeñaría      Que hai despois da universidade? Que saídas profesionais ofrece a enxeñaría?   A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, xunto co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, organiza unha nova edición da Xornada das Profesións, dirixida ao alumnado dos últimos cursos e ás persoas recentemente tituladas que queiran coñecer de primeira man as oportunidades que se abren ao finalizar os seus estudos.   Profesionais de diferentes ámbitos compartirán as súas experiencias, achegando unha visión práctica dos distintos …

Continuar lendo

Conectividade intelixente para a industria de mañá

Xornada Ágora Cátedra Telefónica    Nun contexto de profunda transformación tecnolóxica, a conectividade consolídase como un dos principais motores da industria do futuro. Tecnoloxías como o 5G, o IoT ou a computación en Edge están a redefinir os modelos produtivos e a impulsar contornos máis eficientes, flexibles e sostibles, nos que os datos e a intelixencia se converten en activos clave para a competitividade.   A xornada Ágora «Conectividade Intelixente: a Industria do Mañá» nace co obxectivo de xerar un espazo de reflexión e diálogo entre a universidade, a empresa e as institucións arredor do papel das infraestruturas dixitais na …

Continuar lendo

A historia do Destornillo revive nunha exposición na EEI

125 anos do inicio dos estudos de industriais en Vigo: recuperando unha das súas tradicións estudantís máis emblemáticas.    Unha viaxe ao pasado a través das lembranzas e das historias que marcaron varias xeracións de estudantes. A Escola de Enxeñaría Industrial – Sede Cidade acollerá a presentación dunha exposición dedicada ao Destornillo, unha iniciativa que permitirá achegar ás novas xeracións unha parte da historia da Escola e da súa vinculación coa cidade de Vigo.   O Destornillo naceu en 1954 da man do alumnado da antiga Escola de Peritos Industriais de Vigo e axiña se converteu nunha celebración que transcendeu …

Continuar lendo

STEMbach 2026/2028: novos proxectos de investigación na EEI

Presentación e posta en marcha dos proxectos STEMbach correspondentes ao novo bienio.    A Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) da Universidade de Vigo acollerá o próximo martes 27 de outubro unha xornada de presentación do programa STEMbach correspondente ao bienio 2026/2028.   STEMbach é un programa de Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía impulsado pola Xunta de Galicia que busca favorecer o desenvolvemento das competencias clave para o século XXI e fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas mediante a investigación e o contacto directo co ámbito universitario.   No marco desta iniciativa, a EEI colabora con centros de educación …

Continuar lendo

Descubre a oferta formativa da EEI en EDUGAL 2026

Coñece as oportunidades que a enxeñaría industrial ofrece para o teu futuro académico e profesional.    A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo estará presente na 15ª edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (EDUGAL), que se celebrará do 21 ao 23 de outubro de 2026 no Recinto Feiral de Pontevedra.   Durante a feira, poderás coñecer de primeira man a oferta formativa da Escola e atopar resposta ás túas dúbidas sobre as diferentes posibilidades para o teu futuro académico e profesional. Unha oportunidade para achegarte á enxeñaría industrial e descubrir as opcións e …

Continuar lendo

Sesión formativa dos proxectos STEMbach bienio 2025/27

Formación para o desenvolvemento e a presentación destes proxectos    O próximo 14 de outubro, de 16:00 a 18:00 horas, terá lugar unha sesión formativa dirixida ao alumnado dos proxectos STEMbach do bienio 2025/27.   A sesión ten como obxectivo proporcionar ao alumnado ferramentas e competencias para o desenvolvemento dos seus proxectos, abordando aspectos como a redacción dun proxecto STEMbach, a preparación da súa posta en escena e a defensa final.   Os proxectos que se están a desenvolver nesta edición son:   👉 «Los disolventes del futuro: ¿pueden aplicarse para la eliminación de contaminantes de aguas residuales industriales?»   …

Continuar lendo

50 aniversario dos estudos de enxeñería industrial

Unha viaxe pola historia – o gran reencontro    En outubro de 1976 comezaban os estudos de Enxeñaría Industrial en Vigo. Cincuenta anos despois, queremos celebrar este fito coa comunidade que, ao longo de cinco décadas, contribuíu a construír esta historia.   📅 Sábado 24 de outubro 📍 Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus   A celebración terá como acto central un encontro aberto ás diferentes xeracións de estudantes, persoas egresadas, profesorado, persoal e demais persoas vinculadas á Escola, que co seu esforzo e compromiso contribuíron a construír estes cincuenta anos de historia, formación, innovación e desenvolvemento.   Programa …

Continuar lendo

50 aniversario dos estudos de enxeñería industrial

Un encontro coa historia – viaxando no tempo    📅 20 de outubro 📍 Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus   Un primeiro encontro aberto á comunidade para poñer en valor a traxectoria da Enxeñería Industrial en Vigo e a súa contribución ao desenvolvemento industrial, tecnolóxico e social da nosa contorna.   Entrada libre e sen necesidade de inscrición previa.   A Escola abre as súas portas para viaxar no tempo. Alumnado, profesorado e persoas egresadas percorrerán a Escola dos seus primeiros anos, recuperarán a moda de diferentes décadas e celebrarán xuntos medio século de historia, nunha xornada que …

Continuar lendo

Obradoiro Voces de cambio

Protocolo de prevención do acoso sexual e por razón de sexo na UVigo   Esta formación presencial e dinámica terá lugar o xoves 15 de outubro, de 12:00 a 13:30 horas, na Aula de Grao da EEI – Sede Campus.   A formación ofrece recursos prácticos para sensibilizar e capacitar o alumnado na identificación e comprensión das violencias machistas no contexto universitario, con especial atención ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo. Así mesmo, promove a adquisición de ferramentas para recoñecer, previr e actuar ante estas situacións no día a día.   Pode consultarse máis información na …

Continuar lendo

Xornadas de acollida 2026/2027- 3º curso

30 de setembro e 1 de outubro    Máis alá da aula: prácticas, mobilidade e colaboración.   Os días 30 de setembro e 1 de outubro celebraranse as xornadas de acollida dirixidas ao alumnado de 3.º curso da Escola.   Durante estas xornadas presentaranse diferentes oportunidades e recursos de interese para o estudantado, con información sobre:   Prácticas académicas. Mobilidade. Bolsas de colaboración en departamentos.   Unha oportunidade para coñecer de primeira man as distintas opcións dispoñibles e resolver dúbidas sobre os procedementos e requisitos.   Podes asistir a unha das seguintes reunións:   Sede Cidade 📅 Mércores 30 de …

Continuar lendo