XXXII Seminario de Loxística

Claves e tendencias     📅 Mércores, 20 de maio de 2026. 📍 Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus da Universidade de Vigo. 🎟️ Asistencia gratuíta. 📝 Inscrición a través deste formulario. Indicar se se desexa participar no xantar.   A Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus acolle unha nova edición do Seminario de Loxística, un encontro de referencia que reúne cada ano a profesionais e expertos do sector para compartir coñecementos, experiencias e tendencias en áreas como a cadea de subministración, a produción, a distribución e a loxística inversa.   Organizado polo Grupo en …

Continuar lendo

Sesión técnica baixo o título: “O futuro é híbrido”

Impartida por Rubén Rodríguez, Head of Electric/Hybrid Powertrain Area en CTAG.       A electrificación do automóbil enfróntase a grandes incertezas que poden resultar moi importantes cara ao cumprimentos dos obxectivos da axenda 2035. Os desafíos técnicos están facendo que os fabricantes europeos estean a reconsiderar as súas estratexias de transición. Ante este escenario, aínda que a meta final da UE segue centrada no coche eléctrico, o debate sobre solucións máis flexibles segue aberto e parece que colle máis forza un enfoque que pasa por alternativas híbridas.   Neste escenario, son moitos os interrogantes aos que se teñen que …

Continuar lendo

Exposición itinerante ‘Mulleres investigadoras CINTECX-AIMEN’

CINTECX e AIMEN seguen a impulsar referentes femininos en ciencias e tecnoloxía.     Unha iniciativa que busca visibilizar referentes femininos, romper estereotipos e animar ás rapazas a explorar carreras STEM.   A exposición, que tamén pode consultarse en liña a través da web de CINTECX e da canle de Youtube de AIMEN, poderá visitarse de forma presencial do 24 ao 27 de marzo no vestíbulo da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Cidade da Universidade de Vigo.   A inauguración terá lugar o martes 24 de marzo ás 12:00 horas no hall da EEI – Sede Cidade e estará …

Continuar lendo

Xornada “Hygienic TechDays”

Coñece como se deseñan procesos máis seguros, eficientes e competitivos en sectores onde a hixiene é fundamental.    Xornada organizada en colaboración con Beckhoff. Terá lugar no Salón de Actos e o Hall da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.   Descobre en HYGIENIC TechDays como a innovación e o deseño hixiénico transforman a industria e o teu futuro profesional.   Os HYGIENIC TechDays son un espazo de aprendizaxe e actualización pensado para quen quere prepararse para os retos reais da industria.   Se estás a estudar enxeñería, tecnoloxía, automatización, mecatrónica ou carreiras afíns, estas xornadas permitiranche coñecer como …

Continuar lendo

Acto académico de celebración do patrón da EEI 2026

      A Escola de Enxeñería Industrial celebrará o vindeiro mércores 18 de marzo o acto académico con motivo da festividade do seu patrón, unha das citas institucionais máis destacadas do curso na nosa Escola.   O acto dará comezo ás 12:00 horas. Prégase as persoas asistentes estar presentes ás 11:30 horas para facer a recepción previa.   Ao rematar, celebrarase un xantar de confraternidade no hotel NH Collection.   Para asistir, tanto ao acto coma ao xantar posterior, é necesario formalizar a inscrición antes das 23:59 horas do 9 de marzo a través do QR ou do seguinte …

Continuar lendo

Sesión Académica AECOC. Fundamentos das RAL

      O vindeiro venres 13 de febreiro, de 11:30 a 14:00 horas, terá lugar no Salón de actos da EEI – Sede Campus unha Xornada Académica AECOC, dirixida a difundir os fundamentos das RAL (Recomendacións AECOC para a Loxística).   AECOC (Asociación Española de Codificación Comercial) é unha das maiores asociacións empresariais de España, con máis de 34.000 empresas asociadas e unha marcada visión global e colaborativa. Trátase da única asociación na que industria, distribución e operadores intermedios traballan conxuntamente para aportar maior valor ao consumidor, integrando a todos os axentes da cadea de valor: produtores, fabricantes, operadores …

Continuar lendo

XORNADA Elas Fan CienTec 2026

Iniciativa organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Uvigo.     Esta xornada enmárcase dentro das actividades do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e supón unha oportunidade para dar a coñecer á sociedade e en especial ao alumnado, a actividade investigadora que se desenvolve na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo.   Tratáse dunha actividade divulgativa orientada a visibilizar o traballo das investigadoras, científicas e enxeñeiras da nosa Escola e fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas.   O programa previsto para esta xornada é o seguinte:   9:30 – …

Continuar lendo

Celebración da Xunta de Escola

Órgano colexiado de representación e decisión. Convocatoria da última sesión do ano.   O próximo xoves 18 de decembro, a partir das 12:00 horas no Salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, celebrarase a última sesión da Xunta de Escola deste ano 2025.   Lembra que a Xunta de Escola é o órgano colexiado de representación e de decisión da EEI e está rexida polo título I do Regulamento de Réxime Interno da EEI.   Será unha sesión especialmente importante, na que se fai balance das actuacións levadas a cabo durante este ano e tamén aquelas …

Continuar lendo

XIV Xornada patentes e propiedade intelectual

Organiza a Escola de Enxeñería Industrial coa colaboración de ABG Intellectual Property.   O próximo martes 2 de decembro terá lugar, a partir das 10:30 horas na Aula de grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a XIV Xornada patentes e propiedade intelectual.   A programación desta xornada é a seguinte:   Propiedade intelectual e propiedade industrial. Modos de protección da propiedade intelectual. Modos de protección da propiedade industrial. Patentes. Modelos de utilidade. Deseños. Marcas. Patentes Que é unha patente? Estrutura dunha patente. Requisitos de patentabilidade. Procedemento administrativo. Dereitos. Modalidades de patentes. Casos prácticos de patentes. Estrutura. Xogo …

Continuar lendo

Proxectos StemBach 2025/27

Xornada de inauguración dos proxectos StemBach correspondentes ao bienio 2025/27.     O próximo xoves 13 de novembro terá lugar, a partir das 15:45 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, o acto de inauguración dos proxectos StemBach correspondentes ao bienio 2025/27.   A programación desta xornada é a seguinte:   15:45 – 16:00 horas: recepción dos asistentes. 16:00 – 16:10 horas: benvida do director da EEI. 16:10 – 16:30 horas: programa STEMbach 16:30 – 16:45 horas: explorando a EEI. 16:45 – 17:45 horas: reunión dos proxectos StemBach – bienio 2025/2027.   Esperámosvos!   Os …

Continuar lendo