A Escola de Enxeñería Industrial celebrará o vindeiro mércores 18 de marzo o acto académico con motivo da festividade do seu patrón, unha das citas institucionais máis destacadas do curso na nosa Escola. O acto dará comezo ás 12:00 horas. Prégase as persoas asistentes estar presentes ás 11:30 horas para facer a recepción previa. Ao rematar, celebrarase un xantar de confraternidade no hotel NH Collection. Para asistir, tanto ao acto coma ao xantar posterior, é necesario formalizar a inscrición antes das 23:59 horas do 9 de marzo a través do QR ou do seguinte …
Continuar lendo
O vindeiro venres 13 de febreiro, de 11:30 a 14:00 horas, terá lugar no Salón de actos da EEI – Sede Campus unha Xornada Académica AECOC, dirixida a difundir os fundamentos das RAL (Recomendacións AECOC para a Loxística). AECOC (Asociación Española de Codificación Comercial) é unha das maiores asociacións empresariais de España, con máis de 34.000 empresas asociadas e unha marcada visión global e colaborativa. Trátase da única asociación na que industria, distribución e operadores intermedios traballan conxuntamente para aportar maior valor ao consumidor, integrando a todos os axentes da cadea de valor: produtores, fabricantes, operadores …
Continuar lendo
Iniciativa organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Uvigo. Esta xornada enmárcase dentro das actividades do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e supón unha oportunidade para dar a coñecer á sociedade e en especial ao alumnado, a actividade investigadora que se desenvolve na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Tratáse dunha actividade divulgativa orientada a visibilizar o traballo das investigadoras, científicas e enxeñeiras da nosa Escola e fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas. O programa previsto para esta xornada é o seguinte: 9:30 – …
Continuar lendo
Órgano colexiado de representación e decisión. Convocatoria da última sesión do ano. O próximo xoves 18 de decembro, a partir das 12:00 horas no Salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, celebrarase a última sesión da Xunta de Escola deste ano 2025. Lembra que a Xunta de Escola é o órgano colexiado de representación e de decisión da EEI e está rexida polo título I do Regulamento de Réxime Interno da EEI. Será unha sesión especialmente importante, na que se fai balance das actuacións levadas a cabo durante este ano e tamén aquelas …
Continuar lendo
Organiza a Escola de Enxeñería Industrial coa colaboración de ABG Intellectual Property. O próximo martes 2 de decembro terá lugar, a partir das 10:30 horas na Aula de grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a XIV Xornada patentes e propiedade intelectual. A programación desta xornada é a seguinte: Propiedade intelectual e propiedade industrial. Modos de protección da propiedade intelectual. Modos de protección da propiedade industrial. Patentes. Modelos de utilidade. Deseños. Marcas. Patentes Que é unha patente? Estrutura dunha patente. Requisitos de patentabilidade. Procedemento administrativo. Dereitos. Modalidades de patentes. Casos prácticos de patentes. Estrutura. Xogo …
Continuar lendo
Xornada de inauguración dos proxectos StemBach correspondentes ao bienio 2025/27. O próximo xoves 13 de novembro terá lugar, a partir das 15:45 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, o acto de inauguración dos proxectos StemBach correspondentes ao bienio 2025/27. A programación desta xornada é a seguinte: 15:45 – 16:00 horas: recepción dos asistentes. 16:00 – 16:10 horas: benvida do director da EEI. 16:10 – 16:30 horas: programa STEMbach 16:30 – 16:45 horas: explorando a EEI. 16:45 – 17:45 horas: reunión dos proxectos StemBach – bienio 2025/2027. Esperámosvos! Os …
Continuar lendo
5ª XORNADA: Conferencia de clausura e cea de confraternización Con motivo do 40 aniversario da Organización Industrial na EEI, programáronse unha serie de xornadas coas que se pretende homenaxear aos alumnos -hoxe profesionais-, aos docentes e aos empresarios que contribuíron ao desenvolvemento e ao éxito desta rama da Enxeñería Industrial en Galicia. O venres 21 de novembro estes actos chegan á súa fin cunha conferencia de clausura, que terá lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo – Sede Campus, e unha de cea de confraternización. A conferencia titulada “Sostibilidade …
Continuar lendo
O mércores 12 de novembro ás 17:00 horas, no Paraninfo da EEI – Sede Cidade, terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, xunto coa Escola de Enxeñería Industrial. Para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario: 👉 INSCRICIÓN/REXISTRO. Esta xornada vai dirixida ao alumnado da Escola de Enxeñería Industrial recentemente titulado ou nos últimos cursos. Ao longo desta xornada desenvolveranse pequenas charlas por parte de relatores de distintos eidos (Pemes e …
Continuar lendo
4ª XORNADA: Os enxeñeiros de organización e a alta dirección Con motivo do 40 aniversario da Organización Industrial na EEI, programáronse unha serie de xornadas coas que se pretende homenaxear aos alumnos -hoxe profesionais-, aos docentes e aos empresarios que contribuíron ao desenvolvemento e ao éxito desta rama da Enxeñería Industrial en Galicia. O martes 21 de outubro, de 12:00 a 14:00 horas, terá lugar no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo – Sede Campus, a cuarta destas xornadas. Contará coa participación dos siguientes relatores: Miguel Ardao. Director General en Ezpeleta. Noela …
Continuar lendo
Do 08 ao 10 de outubro tes unha cita con Edugal no Recinto Feiral de Pontevedra. A nosa Escola voltará estar presente na cita máis importante do ano en educación e formación. Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores e responsables de centros educativos e profesionais da educación. Toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia estará presente na feira. Ademais dos expositores, haberá obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira. Un evento que axuda aos estudantes a decidir eficazmente sobre o seu futuro formativo e profesional. Podes consultar …
Continuar lendo