Exposición itinerante ‘Mulleres investigadoras CINTECX-AIMEN’

CINTECX e AIMEN seguen a impulsar referentes femininos en ciencias e tecnoloxía.
 
 
Unha iniciativa que busca visibilizar referentes femininos, romper estereotipos e animar ás rapazas a explorar carreras STEM.
 
A exposición, que tamén pode consultarse en liña a través da web de CINTECX e da canle de Youtube de AIMEN, poderá visitarse de forma presencial do 24 ao 27 de marzo no vestíbulo da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Cidade da Universidade de Vigo.
 

A inauguración terá lugar o martes 24 de marzo ás 12:00 horas no hall da EEI – Sede Cidade e estará aberta a todo o público. Durante o acto, dúas das protagonistas compartirán a súa experiencia coas persoas asistentes.
 

 
A presentación da exposición será un evento de carácter aberto e gratuíto, dirixido a todas as persoas interesadas que desexen asistir. Animamos ao persoal investigador e ao alumnado da EEI a asistir e coñecer de preto a experiencia de mulleres investigadoras e o seu papel no ámbito científico, tecnolóxico e industrial.