Xornada de inauguración dos proxectos StemBach correspondentes ao bienio 2025/27.
O próximo xoves 13 de novembro terá lugar, a partir das 15:45 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, o acto de inauguración dos proxectos StemBach correspondentes ao bienio 2025/27.
A programación desta xornada é a seguinte:
- 15:45 – 16:00 horas: recepción dos asistentes.
- 16:00 – 16:10 horas: benvida do director da EEI.
- 16:10 – 16:30 horas: programa STEMbach
- 16:30 – 16:45 horas: explorando a EEI.
- 16:45 – 17:45 horas: reunión dos proxectos StemBach – bienio 2025/2027.
Esperámosvos!
Os StemBach son proxectos de investigación científica e tecnolóxica que se desenvolven dentro dun programa de Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía que busca fomentar a vocación investigadora nos alumnos. Teñen unha duración de dous cursos académicos e son titorizados por profesores da nosa Escola.
O obxectivo fundamental é impulsar a vocación científica e tecnolóxica do alumnado e facilitar a súa adaptación á vida universitaria.
Permanecede atentos/as ás novidades que nos traerá este novo bienio con proxectos innovadores e dun grande impacto!




