XIV Xornada patentes e propiedade intelectual

Organiza a Escola de Enxeñería Industrial coa colaboración de ABG Intellectual Property.

 

O próximo martes 2 de decembro terá lugar, a partir das 10:30 horas na Aula de grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a XIV Xornada patentes e propiedade intelectual.

 

A programación desta xornada é a seguinte:

 

  • Propiedade intelectual e propiedade industrial.
  • Modos de protección da propiedade intelectual.
  • Modos de protección da propiedade industrial.
    • Patentes.
    • Modelos de utilidade.
    • Deseños.
    • Marcas.
  • Patentes
    • Que é unha patente?
    • Estrutura dunha patente.
    • Requisitos de patentabilidade.
    • Procedemento administrativo.
    • Dereitos.
    • Modalidades de patentes.
  • Casos prácticos de patentes.
    • Estrutura.
    • Xogo de reivindicacións.
    • Determinación do estado da técnica.
    • Exercicio práctico.
  • Cuestións por parte dos asistentes.

 
Duración estimada: 10:30 – 13:30 horas.
 
Relatores
 

Fernando Prieto Morán
Axente Europeo de Patentes.
+25 anos de experiencia en Propiedade Intelectual.
Socio responsable do Dpto. de Enxeñería de ABG IP.

Juan Manuel Soto Rueda
Axente Europeo de Patentes.
Axente da Propiedade Industrial.

Esperámosvos!