Sesión Académica AECOC. Fundamentos das RAL

 

 

 

O vindeiro venres 13 de febreiro, de 11:30 a 14:00 horas, terá lugar no Salón de actos da EEI – Sede Campus unha Xornada Académica AECOC, dirixida a difundir os fundamentos das RAL (Recomendacións AECOC para a Loxística).
 

AECOC (Asociación Española de Codificación Comercial) é unha das maiores asociacións empresariais de España, con máis de 34.000 empresas asociadas e unha marcada visión global e colaborativa. Trátase da única asociación na que industria, distribución e operadores intermedios traballan conxuntamente para aportar maior valor ao consumidor, integrando a todos os axentes da cadea de valor: produtores, fabricantes, operadores loxísticos e distribuidores.

 

O programa previsto é o seguinte:
 

  • 11:30 – 12:15 horas
    Presentación AECOC e Fundamentos das RAL. Ylenia Gómez (Responsable Comunidade Académica AECOC) e Andreu Cerdà (Responsable de Procesos Loxísticos AECOC).
  •  

  • 12:15 – 12:45 horas
    Presentación Estrella Galicia. David Rodríguez (Responsable de Servizos Loxísticos de Estrella Galicia).
  •  

  • 12:45 – 14:00 horas
    Debate coa incorporación de Iago Domínguez (Xerente do Clúster da Función Loxística de Galicia).

 
Esta xornada supón unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man a actividade de AECOC, un axente chave para a loxística en España, así como a aplicación práctica das RAL, a través da experiencia dunha empresa de referencia coma Estrella Galicia.

 

Anímate e participa!
 

Iscríbite no siguiente formulario 👉 INSCRICIÓN XORNADA.